Adeus 2013! Ola 2014!

Adeus 2013! Ola 2014!

Adeus 2013! Ola 2014!

Hoxe queriamos que a última entrada do ano fose especial, xa que este 2013 tamén o foi para nós por moitos motivos que coñecedes, xa que fostes (en parte) protagonistas deles.

No 2013 case deixamos de ser Ainhoa e Blanca para convertirnos en A&B, gañamos concursos (gracias outra vez!), gañámonos a confianza de moit@s clientes, participamos en proxectos fermosísimos, rimos, bailamos, charlamos, festexamos, traballamos… Poderiamos dicir que os últimos 6 meses do 2013 chegaron cheos de sorpresas para nós.

E como queremos que o 2014 sexa igual ou mellor, dende aquí invocamos á boa fortuna, ó bo traballo e ás boas enerxías para que nos axuden a superarnos e a facer as cousas cada día mellor e a disfrutalas se cadra máis.

Brindemos por un 2014 cheo de ledicia, happismo e borrollismo!

E como broche final, un resumo do noso traballo nestos 6 primeiros anos de vida:

 

demo reel 2013 A&B from A&B Comunicación on Vimeo.

 

Feliz 2014!!!

Deixar unha resposta

*

Se continúa navegando no noso sitio acepta a política de cookies máis información

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close