O noso blog

Lisboa. Diario dunha viaxe

Lisboa. Diario dunha viaxe

Din que quen non foi a Lisboa non viu cousa boa. Si, sabémolo, é pouco orixinal comezar unha entrada do blog con esta frase pero é que non pode ser máis verdadeira.

Xa levabamos un tempo querendo coñecer a capital portuguesa e por fin, nesta ponte de decembro, lanzámonos á carretera con ganas de non deixar rúa da cidade sen pasear, que é o que a nós nos gusta. E Lisboa é unha cidade ideal pra iso, pero por fermosa, non por cómoda, porque o de estar situada enriba de 7 outeiros fai que pases o día subindo e baixando costas.

Foron 4 días do máis completo: paseamos por practicamente todos os barrios, subimos ao tranvía, bailamos até caír rendidas, comimos bacalhau e porco preto, escoitamos fado ao vivo, vimos aos nosos adorados First Breath After Coma en concerto, pateamos enteira a Feira da Graça, fomos á festa aniversario da Filho Único onde xubilados de >70 anos nos servían viño, cervexa e bifana, visitamos o Museu Coleção Berardo, atopamos a unha amiguiña galega…

Para que vos fagades unha idea deixámosvos a reportaxe audiovisual, pero se queredes coñecer máis polo miúdo os chascarrillos pagade un viño!

 

Ler máis

Feliz 2018

Feliz 2018

A nosa musa volve para axudarnos a desexarvos unhas boas festas e que o 2018 sexa un gran ano
Vémonos ghastando pista! Feliz 2018!!

 

#QueimanGaliza

#QueimanGaliza

Así é como nos atopamos Abelenda, Carballeda de Avia e o Monumento Natural de Pena Corneira este luns 16 de outubro de 2017.

Non temos palabras pra describir o sentimento enorme de pena e carraxe que sentimos, pero si queremos, con estas fotografías, que fique aquí a proba do que podemos facer as persoas cando nos deixamos levar polo egoísmo, pola avaricia, pola ignorancia e pola falta de amor propio.
Esperamos e faremos o que esté nas nosas mans pra conseguir que esto non quede no esquecemento, queremos saber quen é responsable e sobre todo queremos solucións xa.

E se alguén quere arroxar algo de luz a este inferno e entender por que acontece esto, recomendamos encarecidamente a lectura do artigo de Xose Manuel Pereiro ao que podedes acceder premendo aquí.

Lumes nunca máis. Queremos vivir nunha sociedade na que nos coidemos unhas a outras e para iso primeiro temos que aprender a querer, amar e respectar a quen nolo dá todo: a terra.

Ánimo a quen viu cos seus propios ollos como a vida esmorecía co lume. Estos días todas perdimos, o que está claro é que unhas máis que outras.

Ler máis

Buxo Fest 2017

Buxo Fest 2017

Acabamos de engadir un novo evento á axenda de A&B: o Buxo Fest.
O sábado disfrutamos coma cativas das 10 bandas de Galiza e Portugal que conformaban o cartel. En horario diurno, en 9 espazos diferentes e o que máis nos gustou: con moita presencia feminina.
Aquí unha pequena mostra bo bonito que foi. Voltamos cheas de enerxía, con novas amizades e con moitos bailes enriba.
Viva a música!

Ler máis

This is India

This is India

Hoxe queremos compartir con vós parte do que foron as nosas vacacións. Sodes moitas as que nos parades pola rúa pra pedirnos que vos ensinemos a nosa visión da India así que, sen máis preámbulos… Aí vai!

Poderiamos comezar dicindo que aterrizar en Delhi é unha bofetada sen anestesia de choque cultural. A India non é soamente que pertenza a outro continente senón que tamén semella estar soterrada noutra era. A lóxica occidental non ten sentido neste territorio e de feito precísanse uns poucos días para adaptarse. A nosa primeira hora en Delhi poderíase resumir nun constante esforzo por sobrevivir ao incesante pitido dos tuc-tuc e coches, tratar de conseguir chegar ao noso aloxamento sen que nos levaran a unha axencia de viaxes onde nos tentaran vender un paquete de “Visite A India en 15 días como unha turista máis” e cruzar as rúas sen ser atropeladas por un carro, tuctuc, bicicleta, moto, persoa ou no mellor dos casos, unha vaca (que polo menos é sagrada). Proba superada!

Estampa das rúas de Delhi

Ler máis

Desordes Sonoras

Desordes Sonoras

Este fin de semana movímonos ata o norte para visitar (e gozar) o Desordes Sonoras, un festival artístico-musical organizado por xente do DesOrdes Creativas. A xornada comezaba xa na hora do vermú e remataba con concertos ata ben entrada a noite. Pero a actividade diurna estrela foi o roteiro guiado polos murais da vila, que inda que breve, foi moi, moi interesante.

Para quen non a coñeza, Ordes é unha vila coruñesa que (baixo o noso punto de vista) foi situada no mapa grazas ao festival de arte na rúa chamado Desordes Crativas. Así é que se pode pasear polas súas rúas e deleitarse con murais de pequena e grande escala pintados por artistas vid@s dende Italia, Arxentina, México ou Grecia así como do Estado español e a propia Galiza. Unha sorte contar con tanto colorido e arte ao alcance de todas e todos.

Así que A&B puxemos rumbo a Ordes na procura de inspiración. E atopamos iso e moito máis, xa que os murais son unha auténtica marabilla e os concertos foron o broche de ouro para unha xornada ben fermosa. Ah! E encantounos saudar a Noel e ver como pintaba en directo. Un artistazo!

Deixámosvos cunha pequena mostra do que foi o roteiro e convidámosvos a que vos acheguedes un día, porque paga moito a pena. Arte para tod@s!

Ler máis

Se continúa navegando no noso sitio acepta a política de cookies máis información

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close