O noso blog

Ensinarme as fotos das túas vacacións? Si, por favor!

Ensinarme as fotos das túas vacacións? Si, por favor!

Ver as fotos das vacacións de amig@s e familiares pódese convertir nun castigo digno das torturas medievais máis crueis. Pero non todas, nós quixeramos ser amigas desta xente que vos presentamos a continuación e pasarnos o día vendo os marabillosos proxectos que crean coas instantáneas e vídeos das súas viaxes, non vos parece?

E a semana santa acaba de comezar, quen se anima a facer un vídeo destos?? Se nos levades convosco facémosvolo nós 😉

 

 

 

Wide Open, o novo de The Chemical Brothers

Wide Open, o novo de The Chemical Brothers

The Chemical Brothers son un dúo inglés de música electrónica que levan máis de 20 anos en activo. Durante os seus anos de carreira teñen feito infinidade de colaboracións con outros músicos e músicas e tamén teñen coqueteado co mundo da arte (o Museo Nacional Británico de Arte Moderno convidounos a que elexiran un traballo que os inspirara de entre a súa colección de arte moderno e, a continuación, escribiran unha canción sobre el. Podedes escoitala aquí). Por iso non nos sorprende que moitos dos seus vídeos permanezan na nosa memoria (quen non recorda aquel contundente Hey Boy, Hey Girl no que unha orda de esqueletos bailaban nunha discoteca?).

Bueno, pois o vídeo que vos queremos ensinar hoxe non nos parece menos interesante xa que se trata dun plano secuencia no que unha bailarina ve como o seu corpo se vai convertindo nunha especie de malla xeométrica. Uns efectos visuais de dez adornados coa marabillosa voz de Beck.

O traballo está firmado por dom&nic, os directores Nic Goffey e Dominic Hawley, con quen levan traballando dende 1997 e a quen lles debemos a xoia que antes mencionabamos: Hey boy, hey girl. Tamén cabe destacar o traballo da bailarina británico-xaponesa Sonoya Mizuno, quen nos hipnotiza cos seus movementos.

Subide o volume dos altavoces e disfrutade!

 

Ler máis

A combinación perfecta

A combinación perfecta

J.Frede é un artista afincado en Los Ángeles que se adica á escultura, fotografía, vídeo, instalacións… Un home orquestra das artes. Na súa web podedes comprobar parte dos seus traballos.

Unha das series que máis no gustou foi esta na que combina diferentes obras/fotografías para conseguir unha peza totalmente nova. O proxecto comeza nunha recopilación de cadros vellos que o artista foi conseguindo en tendas de antigüedades e uníndoo consegue facer collages fascinantes.

Comprobádeo por vós mesm@s:

Ler máis

As paranoias de John Trashkowsky

As paranoias de John Trashkowsky

John Kowsky (aka John Trashkowsky), é un artista que gosta de usar a acidez, a crítica e a ironía nas súas obras.

As súas instalacións son sinxelas, máis o trasfondo e idea que encarnan vai moito máis alá. Podemos dicir que fai arte contemporáneo posto que fala de psicoses, ansias, paranoias… un reflexo fiel da sociedade na que vivimos.

Para coñecer un pouco máis a súa obra visitade a súa web aquí.

Ler máis

99 Botellas de viño

99 Botellas de viño

Xa levamos un tempo traballando no deseño de etiquetas de viño. E non é ningún segredo que é un mundo que nos encanta. Por iso cando descubrimos este proxecto sentimos a necesidade de adicarlle unha parceliña no noso blog.

O creador de 99 Wine Bottles é Ollivier Thomas, máis coñecido como Tom Le French; un creativo e director de arte francés residente en Londres. Os seus traballos son tan variados que van dende a fotografía ata a produción musical. Todo un home orquestra.

99 Wine Bottles é unha serie na que o autor transporta 99 marcas coñecidas a nivel mundial ó mundo vitivinícola. É dicir, crea un deseño de botella de viño para marcas como Durex, Google, Adidas ou Lego. Todo baixo un deseño minimalista pero cargado de cor. No deseño tenta non abandoar a identidade de marca que xa temos todas interiorizadas xa que son marcas altamente coñecidas polo público en xeral. Esta é a presentación do proxecto en palabras do seu creador: Hoxe en día, as marcas e entidades están diversificándose a si mesmas en todos os sectores. Que pasaría se “invadisen” a elaboración do viño? 99 botellas dá unha vista previa de como se poderían ver e sentir estes produtos.

Chin-chin! 😉

Ler máis

Os corpos surrealistas de Ángela Burón

Os corpos surrealistas de Ángela Burón

Ángela Burón é a autora dun dos nosos últimos descubrimentos no mundo dos blogs.

Quizais, o que primeiro nos chamou a atención foron as súas fotografías (hipnotizan, enganchan, confunden). Pero unha vez que nos puxemos a indagar nas entrañas do blog tamén descubrimos que Ángela Burón escribe, conta historias e comparte cousas (e dentro de cousas incluímos vídeos dos Simpson). Atrevédevos a entrar porque paga a pena. E para as máis curiosas e curiosos ata nos ensina a través de vídeos como fai as súas montaxes. E repetimos, comparte vídeos dos Simpson 😉

Ler máis

Se continúa navegando no noso sitio acepta a política de cookies máis información

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close