O noso blog

Martin Roller, artista e fotógrafo de obxectos

Martin Roller, artista e fotógrafo de obxectos

Hoxe querémosvos presentar a Martin Roller, un  artista alemán que nos recorda ó fotógrafo español Chema Madoz, do cal nos confesamos fans!

Este artista dá vida coas súas mans a pequenos obxectos cotiás e con eles crea novos obxectos ou situacións extravagantes, coloridas e cunha estética moi coidada. En ocasións estas imaxes rozan o absurdo e isto é o que máis nos gusta. O seu irracional “cargador de pepinillos” ou o seu desatinado “cepillo de lapis” son dúas das nosas imaxes favoritas, a ti cal che gusta máis?

Ler máis

Vodas 2015

Vodas 2015

Nos gusta revivir una y otra vez los sentimientos de ese día tan especial.
reporte preciso de los o foto de su celebración de video? Reserve su cita!

#voda #boda #wedding #novios #vídeo

Yoga+Arte

Yoga+Arte

Soren Buchanan é unha monitora de Yoga de Chicago namorada da arte que quixo unir as súas dúas maiores paixóns nun proxecto realmente atractivo e visual (ou polo menos así nolo parece a nós).

O que hoxe vos traemos son unha serie de coidadas e coloridas fotografías nas que a monitora posa realizando diferentes posturas de yoga. Pero non só iso, porque o esceario que ela escolle son as paredes cheas de graffiti da cidade.

Nótase que hai unha preparación previa detrás de cada fotografía pola colocación da propia monitora, o vestiario escollido, etc.

Unha serie de fotografías a non perder polas cores, a beleza das posicións do seu corpo e pola idea.

Non deixedes de seguir tamén o seu Instagram.

yoga-street-art-Soren-Buchanan-02

Ler máis

Debate dos candidatos á alcaldía de Ribadavia. Eleccións 2015

Debate dos candidatos á alcaldía de Ribadavia. Eleccións 2015

O venres pasado tivo lugar no Club Artísitico o debate dos candidatos á alcaldía de Ribadavia.

E as nosas cámaras foron testemuñas para que a xente que non puidestes ir non vos perdades nada.

Os participantes foron os seguintes:
Anxo Collarte (BNG)
Brais Fidalgo (Ribeiro en Común)
César Fernández (PP)
Manuel Vázquez (CxG)
Nacho Gómez (PSOE)
A iniciativa xurdiu de Bieito Conde, que ademais interpretou o papel de moderador.

Aquí vos deixamos o debate íntegro en moi baixa calidade (pero é que ten unha duración de dúas horas). Se alguén o quere en HD que se poña en contacto con nós.

Informan A&B as reporteiras máis dicharacheiras do Barrio Xudeo 😀

Ler máis

Lim Zhi Wei, arte floral

Lim Zhi Wei, arte floral

Hoxe presentámosvos a unha artista moi primaveral. Chámase Lim Zhi Wei e usa entre outras cousas acuarelas e pétalos para crear, unha mestura coa que logra un efecto moi visual e colorido.

Esta xoven artista de Malasia decidiu crear pequenas obras con obxecetos cotidiáns. Debuxa acuarelas de formato pequeno xa que non dispón de moito tempo libre para pintar grandes cadros. Con esta técnica crea bailarinas, insectos, monumentos… e loitando contra o efímero do material, imortaliza a súa obra mediante fotografías das mesmas, que son obras de arte en si mesmas.

Aquí vos deixamos a súa páxina e o seu instagram, @lovelimzy, que paga a pena seguir!

13983485090_2be0d985f4_b

Ler máis

Fotografías de Tamas Dezso

Fotografías de Tamas Dezso

Luns a tope de power e con gañas de buscar inspiracións! E un blog moi inspirador e que nos gusta visitar é  “Cada día un fotógrafo”

Este blog está feito por un rapaz vasco, residente en San Sebastián e fotógrafo afeccionado que se chama Luís Martínez Aniesa. Como el mesmo di no seu blog adícalle entre 1 e 3 horas diarias de traballo e para nós fai unha labor de recompilación moi interesante. Neste blog podedes ver traballos e biografías de máis de 1.400 fotógrafos e buscar “cada día unha nova fonte de inspiración”.

Hoxe a entrada está adicada ó fotógrafo húngaro Tamas Dezso e nós facémonos eco das súas imaxes e deixámosvos as que máis nos gustaron. Disfrutádeas e a seguir buscando inspiración!

Tamas_Dezso_Epilogue_0001_546

Ler máis

Se continúa navegando no noso sitio acepta a política de cookies máis información

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close