Case non se nota

Case non se nota

Case non se nota

O fotógrafo John William Keedy foi diagnosticado cunha desorde de ansiedade fai nove anos. Nunca sentiu que encaixaba en ningún lugar, e poñíase tan nervioso nas multitudes que soamente ía ás tendas a mercar víveres cando estaba seguro de que estaban baleiras.

Este sentimento de ansiedade é o que plasmou na serie de fotografías chamada It’s Hardly Noticeable (Case non se nota). A arte moitas veces serve para canalizar sentimentos, situacións adversas ou estados de ánimo. E o resultado adquire un valor engadido: o da realidade e a experiencia vivida.

“Estas imaxes cuestionan a lexitimidade de aplicar o termo normal nun contexto societal, e incentivan unha reconsideración do que é normal, se iso existe, ou o que se percibe ou se considera como tal. É posible para unha sociedade ter unha idea do que é normal, cando realmente poucos individuos dentro dela poden cumprir con todas as características? “, pregúntase Keedy na descrición da súa obra.

Aquí vos deixamos as fotografías, porque falan por si mesmas.

 

 

Deixar unha resposta

*

Se continúa navegando no noso sitio acepta a política de cookies máis información

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close