Blog : amigos

This is India

This is India

Hoxe queremos compartir con vós parte do que foron as nosas vacacións. Sodes moitas as que nos parades pola rúa pra pedirnos que vos ensinemos a nosa visión da India así que, sen máis preámbulos… Aí vai!

Poderiamos comezar dicindo que aterrizar en Delhi é unha bofetada sen anestesia de choque cultural. A India non é soamente que pertenza a outro continente senón que tamén semella estar soterrada noutra era. A lóxica occidental non ten sentido neste territorio e de feito precísanse uns poucos días para adaptarse. A nosa primeira hora en Delhi poderíase resumir nun constante esforzo por sobrevivir ao incesante pitido dos tuc-tuc e coches, tratar de conseguir chegar ao noso aloxamento sen que nos levaran a unha axencia de viaxes onde nos tentaran vender un paquete de “Visite A India en 15 días como unha turista máis” e cruzar as rúas sen ser atropeladas por un carro, tuctuc, bicicleta, moto, persoa ou no mellor dos casos, unha vaca (que polo menos é sagrada). Proba superada!

Estampa das rúas de Delhi

Ler máis

O noso traballo: fotografía de bebés

O noso traballo: fotografía de bebés

O seu primeiro nadal, os seus primeiros “patucos”, os seus primeiros sorrisos… El@s son Claudia e Bruno e… a que cae a baba con el@s?

Bruno, atento a cámara e con gañas de pousar, Claudia un pouco máis revolucionaria e sempre atenta ao seu irmán, pero ante todo dous bebes preciosos que non soltaron nin unha bágoa! Coa axuda da súa nai e o seu pai, de moitas garatuxas e un montón de agarimos, logramos capturar estas imaxes que esperamos que vos gusten. A nós encantounos a experiencia, descubrir con estes dous grandes modelos o dificil e bonita que é a fotografía de crianzas… todo un reto!

Moitísimas grazas aos papis pola confianza e compartir con nós estes momentos!

Ler máis

O noso traballo: ProgramaSon

O noso traballo: ProgramaSon

Dende hai uns meses parece que a boa música en directo fixose un oco na nosa vila. Por fin tres dos moitos emprendedores que pariu este pobo, Lisi, Lore e Manuel, se ían preocupar de crear un espazo onde a música en directo fose a protagonista dando así un pouco de vidilla a Ribadavienses e foraneos. Gracias, de corason!

Eles dende o seu  blog infórmannos dos movementos pélvicos que se aveciñan ao Cafe Concerto Son e para este primeiro trimestre do ano encargáronnos o deseño do cartel informativo, unha programason moi completa, que nós non nos imos perder! 

Graciñas pola confianza chicos e moita sorte neste proxectazo!

micro2_correxido

 

Bo Nadal!

Bo Nadal!

Como hoxe é o último día do ano non queriamos despedir o 2014 sen agradacervos que dun ou doutro xeito fixerades posible que A&B sigamos medrando pasiño a pasiño.
Gracias pola confianza e a colaboración!
E xa nos podemos ir preparando, porque o 2015 vai ser unha festa!

Moi feliz 2015!

Ainhoa e Blanca

 

felicitación nadal A&B_baixa

Se continúa navegando no noso sitio acepta a política de cookies máis información

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close