Blog : amigos

O noso traballo para a 30 Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia

O noso traballo para a 30 Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia

Como xa saberedes a Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia é unha data  sinalada tanto para A coma para B. Para nós MIT sempre é especial e gozámola como nenas. E este ano ademáis temos unha razón de peso para que o sexa inda máis: o cartel e o programa deseñámolo nós!

Cando hai meses Roberto Pascual, o director da MIT, nos chamou para facernos este encargo invadiunos a euforia e tamén os nervios por querer facer un moi bo deseño.

Despois de semanas de moito traballo, reunións e probas, atopamos nesta imaxe a identidade do 30 aniversario da MIT, aniversario onde a música é a protagonista e por iso tamén debía ser dalgún xeito a protagonista do deseño.

Agardamos os vosos comentarios, queremos saber que vos parece para continuar aprendendo!  E tamén agardamos que veñades por Ribadavia nestes días nos que  ás pedras da nosa vila invádelles a arte.

IMG_7471

IMG_7473

IMG_7478


Se queredes ver o programa completo da MIT 2014 premede AQUI

Voando con Arteficial

Voando con Arteficial

A xente da asociación que organiza o Festival Arteficial pediunos unhas imaxes do recinto onde se vai facer o festival este ano e pensamos: unhas fotos, un vídeo… hummm…

Indecisas atopámonos co noso amigo Garabatophoto ilusionado co seu novo xoguete voador. El  quería saír a probar o Drone e plantexounos facer algunha gravación que precisasemos: Tachán! Saíu rodado e sen querelo tiñamos estas pedazo de imaxes!

A difundir e grazas por adiantado!

O noso traballo

O noso traballo

Xa fai tempo que se ven constituíndo no Ribeiro a Asociación Fotográfica do Ribeiro onde tod@ fotógraf@ aficionad@ ou profesional pode aportar o seu graíño de area.

A asociación une persoas que comparten a súa paixón pola fotografía en todos os seus ámbitos. Faranse exposicións, cursos, proxecións e o máis importante, aprenderemos os uns dos outros.

Dende a asociación encargáronnos o logotipo e  este é o resultado, que esperamos que vos guste.

Esperando grandes imaxes, longa vida á Asociación Fotográfica do Ribeiro!

logo asociacion fotografica do ribeiro

 

 

Xa é venres, compañeir@!

Xa é venres, compañeir@!

Como xa sabedes gústanos pasar os venres en boa compaña e para iso hoxe querémosvos presentar un negocio de Ribadavia do que destacamos os seus principios e contido ético. Falamos de Alucina Lacena, ao ladiño da igrexa de San Xoan. Alucina Lacena é unha tenda xa coñecida por moit@s d@s habitantes da nosa bisbarra por ser a única que ten produtos de comercio xusto e que naceu cuns ideais que moit@s compartimos.

Na presentación da súa páxina web encontramos este texto que define moi ben as súas andanzas:

” Logo de varios anos como consumidores destes productos, tomamos a decisión de pasarnos ou lado empresarial. Este proxecto é unha iniciativa de persoas contrarias ás regras que rixen ou funcionamiento do coemrcio actual, un panorama onde priman valores moi alonxados doa que terían que guiar unhas relacións xustas e equitativas. Tódolos produtos que podedes atopar nesta páxina foron cultivados de xeito sostíbelrespectando ou medio natural, produtos de grande calidade que forma parte dá nosa alimentación diaria e tamén outros máis exóticos para diversificar ás nosas receitas”.

 

Presentadas quedan e se queredes saber máis delas non dubidedes en contactar polo facebook ou na súa páxina web

Bo venres!

1441308_207898916062102_1776668386_n

481761_176075812531430_1599240170_n

 

14313_176076012531410_848376589_n

 

 

Xa é venres, compañeir@!

Xa é venres, compañeir@!

Neste blog falamos a diario de creatividade, de orixinalidade, de talento… En definitiva: de arte. E hoxe centrarémonos nunha das artes máis universais: a música. Porque… que sería de nós sen música? Non o queremos nin pensar.

E como é complicado imaxinar unha vida sen música, o traballo do noso compañeiro de hoxe tamén o consideramos imprescindible. Hoxe querémosvos presentar ó Reberete: un artesán da gaita e da percusión.

Un mozo que coas súas mans e os seus coñecementos elabora instrumentos. Quizais unha das tarfas máis complicadas que podemos imaxinar. Se entrades na súa web premendo aquí veredes unha ampla mostra do seu traballo e da súa destreza. E tamén o podedes seguir na súa páxina de facebook.

Se tedes a oportunidade de probar un dos seus instrumentos, non o dubidedes. Eu dende que teño a miña pandeireta “made in Reberete” xa non quero tocar outra cousa!

375720_10151001705822420_599219680_n

469177_506335016098731_555279740_o

477824_506335012765398_592709870_o

559123_284958028292616_1359793634_n

964064_506187836113449_1539451748_o

1655569_642190319179866_1042245599_o

1613772_589802514438764_295126256_n

1606217_642190122513219_1438053968_o

1504182_632128776852687_567279369_o

966901_506335066098726_1780020272_o

964676_506194372779462_1393269352_o

 

 

Se continúa navegando no noso sitio acepta a política de cookies máis información

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close