Blog : animación

5 segundos dan para moito

5 segundos dan para moito

O que vos traemos hoxe é unha combinación de música, imaxinación e sobre todo coordinación.

Acabamos de ver aquí o último videoclip da cantante marsellesa Siska, titulado “Unconditional Rebel”, e non podemos máis que ficar abraiadas co tremendo traballo de produción e coordinación (sen esquecer os efectos de postprodución).

Explicámosvos: trátase dun plano secuencia rodado en tan só 5 segundos e ó longo de 80 metros cunha cámara de alta velocidade que graba a 1000 frames por segundo. A velocidade normal é de 24 ou 25 frames por segundo, así que vos podedes imaxinar o que fai esta cámara. O resultado final é un vídeo de 3minutos e medio, cheo de persoaxes, efectos especiais e colorido. Pura maxia!

O autor da peza é o realizador Guillaume Panariello e se queredes saber máis del podedes visitar a súa páxina aquí ou o seu perfil de vimeo aquí.

Ler máis

Adams Carvalho e as mulleres solitarias

Adams Carvalho e as mulleres solitarias

Adams Carvalho é un ilustrador (e animador) de São Paulo.

A súa obra salta do erotismo á soidade máis melancólica, pasando pola arrogancia e o hipsterismo. Si, todo esto escerra a obra deste brasileiro.

As súas protagonistas son na grande maioría mulleres. Mulleres espidas de cadeira para arriba, de cadeira para abaixo ou ambas. Podemos atopar mulleres con mensaxes ácidas nas súas camisolas pero tamén un rapaz na súa fixie.

E todo isto bañado con texturas vintage, cores suaves e sombras marcadas.

Podédelo seguir no seu tumbr ou no seu instagram.

tumblr_nanzuk8pnn1qgaxjko1_500 tumblr_nhd18sRQqG1qgaxjko1_500 Adams-Carvalho-15-703x1024 Adams-Carvalho-9-726x1024 10549670_711638285538291_885608044_n 10601964_440837346055976_721340795_n 10616816_615794178533073_1541755990_n 10727240_289307904598399_667702635_n Adams-Carvalho-5-724x1024 1515966_633908040039854_1819294891_n 6_20150127zvC7ms 6_20150127uJtmol 6_20150127TP2u78

Guillaume Blanchet, que bo descubrimento!

Guillaume Blanchet, que bo descubrimento!

Mentres as pulseriñas de gomiñas de cores triunfan como a CocacolaGuillaume Blanchet lles atopa un uso diferente e dá vida con elas a “Unha rapaza chamada Elastika“, curtametraxe premiada con mais dunha decena de galardóns en diferentes festivais internacionais de cine.

Esta curta leva á súa protagonista, Elastika, por diferentes mundos e aventuras recreadas con materiais de oficina cun estilo marcado de videoxogo “oitenteiro” que nos encanta. Unha bonita historia creada con materiais simples e moita paciencia que seguro fascinará a nen@s e non tan nen@s!

Este é só un dos seus traballos como cineasta independente e recomendámosvos  que non vos perdades o resto da súa filmografía, entrade na súa web e descubrídeo, é un grande creativo!

 

A GIRL NAMED ELASTIKA from Guillaume Blanchet I Filmmaker on Vimeo.

 

Discos que cantan

Discos que cantan

Hoxe compartimos con vós un dos mellores videoclips que temos visto nos últimos tempos.

O vídeo mola pola idea, pola montaxe, pola estética… Pero sobre todo polos protagonistas, porque neste vídeo aparecen The Smiths, David Bowie, Madonna, Bob Dylan, Pink Floyd, Abba, Prince e mesmo Lou Reed. E inda non remata aquí a lista! Cando o visionedes atoparedes moitos máis artistazos.

E agora ven a pregunta… Como conseguiron reunir a semellante plantilla? Pois o segredo reside en que quen canta son as portadas máis míticas destas bandas. As protagonistas en realidade son as portadas de LP’s que, animadas polo (moi novo) director israelí Vania Heymann nos cantan e rapean un tema de Roy Kafri titulado “Mayokero”.

Atent@s á historia, que ten mensaxe! A gozar!

Steve Cutts: animación satírica

Steve Cutts: animación satírica

Steve Cutts é un artista independente afincado en Londres que se especializa na animación. Estudou Belas Artes e as súas ilustracións teñen un estilo moi persoal e doado de recoñecer, cun grafismo non demasiado complexo. O que máis nos gusta del son as súas curtas de animación, as cales dota de grandes doses de crítica, sátira, polémica e sobre todo realidade, inda que ironicamente traballou para clientes como Coca-Cola, Toyota, Reebok, Sony PSP, The Guardian, Kelloggs, Philips entre outros. Pero xa sabedes como funciona isto…

Sen pretensión de entrar en debates desta índole deixámosvos co seu traballo, que seguro que vos gusta tanto coma a nós:

Coca Cola:

Reebok:

Toyota:

Unha curta interactiva

Unha curta interactiva

Fai aproximadamente un mes falabámosvos do director canadiense Vincent Morisset nunha das nosas entradas. Ben, pois hoxe ímolo recordar, porque querémosvos presentar un corto interactivo da súa autoría titulado Bla Bla.

Vincent Morisset é un realizador nacido en Montreal e que creou a axencia AATOAA, adicada ó que el define como “interacción cinematográfica”. O seu traballo céntrase en proxectos web ademais de realizar numerosos videoclips e curtametraxes animadas.

Bla bla é unha curta interactiva que explora os principios fundamentais da comunicación humana. O espectador fai que a historia sexa posible: sen el ou ela, os personaxes permanecen inertes, esperando a próxima interacción.Cada un dos seis capítulos da historia representa un aspecto diferente da comunicación e ilustra estos aspectos a través de personaxes entrañables e un chisco desconcertantes.

“BLA BLA utiliza a xerografía sobre papel, animacións de ActionScript xerado, monicreques para estudar o movemento e cartografía 3D en tempo real”, explica Morisset. “Quería crear estados de ánimo e xerar emocións a través dunha peza interactiva. É moi difícil facer crescendos dramáticos nun sitio web… Pensei que sería un reto interesante”.

Trátase dunha peza de interacción moi intuitiva na poderiamos destacar os efectos de son e o deseño dos personaxes. E dende aquí animámosvos a que xoguedes clicando aquí. Boa semana a tod@s!

 

BLA-BLA-1Blabla_web_7blabla_web_dim4_0  Screen-Shot-2011-11-10-at-10.05.33-AM-e1320937604817 tumblr_lm6d6eVwPY1qclyefo1_500blabla_photo_famille_bw

E aquí o making of:

Visto aquí.

Se continúa navegando no noso sitio acepta a política de cookies máis información

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close