Blog : artesanía

Raubdruckerin: impresión pirata

Raubdruckerin: impresión pirata

Raubdruckerin (pirate printer/impresión pirata) é  un proxecto de 4 artistas alemáns que foron capaces de atopar moita beleza nas rúas da súa cidade utilizando o espazo urbán máis alá da súa función habitual. A idea, por simple e por por poética é unha das que máis nos teñen chamado a atención en moito tempo.

Estes artistas adícanse a realizar estampacións de patróns que atopan principalmente en alcantarillados sobre diferentes lienzos, simplemente entintando a superficie cun rodete e transferindo a imaxe. Así crean camisetas, bolsos e pezas únicas e propias de cada cidade.

Teñen pasado por París, Berlín, Ámsterdam e Lisboa. E deseños que para moita xente pasan por alto para eles é unha fonte de inspiración enorme. Cada impresión ten lugar na rúa, no espazo propio do patrón, por iso que este traballo tamén conta cun certo cartacter performativo.

Orixinal, non credes?

Ler máis

Baku Maeda dándolle forma ó outono

Baku Maeda dándolle forma ó outono

Baku Maeda é un artista e ilustrador do que pouco atopamos nas redes. Procastinando, acción que nos encanta tanto a A como a B, atopamos esta follas outonais que nos chamaron moito a atención.

O artista xaponés esculpe animaliños con follas secas de magnolia, baseándose en dobreces e cortes sinxelos. O resultado: sinxelo pero moi icónico, cun toque moi natural, ou non?

 

tumblr_nds4muMqgc1qzxwvio1_500

tumblr_nds4muMqgc1qzxwvio3_500

tumblr_nds4muMqgc1qzxwvio4_500

tumblr_ndxysnJxNc1qzxwvio1_500

tumblr_ndxysnJxNc1qzxwvio2_500

tumblr_ndxysnJxNc1qzxwvio5_500

 

 

Xa é venres, compañeir@!

Xa é venres, compañeir@!

Neste blog falamos a diario de creatividade, de orixinalidade, de talento… En definitiva: de arte. E hoxe centrarémonos nunha das artes máis universais: a música. Porque… que sería de nós sen música? Non o queremos nin pensar.

E como é complicado imaxinar unha vida sen música, o traballo do noso compañeiro de hoxe tamén o consideramos imprescindible. Hoxe querémosvos presentar ó Reberete: un artesán da gaita e da percusión.

Un mozo que coas súas mans e os seus coñecementos elabora instrumentos. Quizais unha das tarfas máis complicadas que podemos imaxinar. Se entrades na súa web premendo aquí veredes unha ampla mostra do seu traballo e da súa destreza. E tamén o podedes seguir na súa páxina de facebook.

Se tedes a oportunidade de probar un dos seus instrumentos, non o dubidedes. Eu dende que teño a miña pandeireta “made in Reberete” xa non quero tocar outra cousa!

375720_10151001705822420_599219680_n

469177_506335016098731_555279740_o

477824_506335012765398_592709870_o

559123_284958028292616_1359793634_n

964064_506187836113449_1539451748_o

1655569_642190319179866_1042245599_o

1613772_589802514438764_295126256_n

1606217_642190122513219_1438053968_o

1504182_632128776852687_567279369_o

966901_506335066098726_1780020272_o

964676_506194372779462_1393269352_o

 

 

Se continúa navegando no noso sitio acepta a política de cookies máis información

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close