Blog : diseño gráfico

Frases de nais

Frases de nais

Quen nunca escoitou o típico: “Cala e come!” ou “Abrígate que vai frío”? Quen, eh?

Nós por sorte si. Porque as nosas marabillosas nais sempre se ocuparon de aturarnos, educarnos e ser sinceiras con nós. De feito a pregunta “Por que non te peinas?” escoiteina non fai demasiado da boca da miña bendita avoa.

Xa saíran das vosas nais, avoas, pais ou avós seguro que ninguén se libra dalgunha destas frases obrigadas na crianza de calquer persoa.

E a tenda online (dirixida a nais e embarazadas) nANUFACTURE recolleunas todas nunha serie de chapas e de posters que farán que vos transportedes á infancia (e quizais algunha/algún de vós vos sorprendades decatándovos de tela escoitado de novo, pero nos vosos propios beizos!!).

Nota: a colección de chapas ven nun tupper. Onde mellor gardar unha herencia coma esta?

Ler máis

99 Botellas de viño

99 Botellas de viño

Xa levamos un tempo traballando no deseño de etiquetas de viño. E non é ningún segredo que é un mundo que nos encanta. Por iso cando descubrimos este proxecto sentimos a necesidade de adicarlle unha parceliña no noso blog.

O creador de 99 Wine Bottles é Ollivier Thomas, máis coñecido como Tom Le French; un creativo e director de arte francés residente en Londres. Os seus traballos son tan variados que van dende a fotografía ata a produción musical. Todo un home orquestra.

99 Wine Bottles é unha serie na que o autor transporta 99 marcas coñecidas a nivel mundial ó mundo vitivinícola. É dicir, crea un deseño de botella de viño para marcas como Durex, Google, Adidas ou Lego. Todo baixo un deseño minimalista pero cargado de cor. No deseño tenta non abandoar a identidade de marca que xa temos todas interiorizadas xa que son marcas altamente coñecidas polo público en xeral. Esta é a presentación do proxecto en palabras do seu creador: Hoxe en día, as marcas e entidades están diversificándose a si mesmas en todos os sectores. Que pasaría se “invadisen” a elaboración do viño? 99 botellas dá unha vista previa de como se poderían ver e sentir estes produtos.

Chin-chin! 😉

Ler máis

ABC musical

ABC musical

Como estamos a luns, chove e os días son cada vez máis curtos que vos parece se comezamos a semana con música? Non hai nada que non mellore unha boa canción ou, neste caso, unha boa e orixinal idea.

Priscilla Fois Missk é unha deseñadora gráfica, ilustradora e directora de arte italiana que creo un abecedario tipográfico a partir de 24 portadas de vinilos. Portadas que nos soarán a case tod@s.

Ademais do orixinal da idea encántanos o colorido que utiliza como fondo de cada composición (a parte do seu gusto musical).

Ler máis

Convídote!

Convídote!

Porque @s teus/túas convidad@s son unha das partes máis importantes da túa voda. Sen el@s ese día non sería o mesmo e merecen que @s sorprendas cun convite moi especial, que reflicta o que vós sodes e o por que dese día tan agardado por vós.

Así que se precisades axuda cos vosos convites xa sabedes onde atoparnos! Queredes algo moderno? Cun toque retro? Aquí vos deixamos uns exemplos que fixemos ultimamente.

Ah! E se o que buscades é fuxir do papel e pasarvos ó formato vídeo consultádenos! Facemos uns #savethedate e #videoconvites xeniais!

Ler máis

O noso traballo: Gastronomía de Castrelo de Miño en Xantar

O noso traballo: Gastronomía de Castrelo de Miño en Xantar

Un ano máis o concello de Castrelo de Miño presenta as súas festas gastronómicas e os seus Ribeiros en Xantar, o 16º Salón Internacional de Turismo Gastronómico que terá lugar do 4 ao 8 de marzo en Ourense (ou sexa que este fin de semana xa tedes plan culinario!)

Para promovelos encargáronnos estes flyers onde presentan ademáis os carteis das festas gastronómicas do concello para este ano 2015 (feitos tamén por nós): a festa da Anguía, a da Rosquilla e a da Codorniz.

Castrelo móvese, aposta polo seu, o local. Por iso é un concello que logra diferenciarse do resto. E xa sabedes que se queredes saber máis deste concello e a súa gastronomía espéranvos cos brazos abertos en Xantar 2015.

Que aproveite!

Ler máis

O noso traballo: deseño WEB

O noso traballo: deseño WEB

Tes unha paxina WEB anticuada á que llequeres dar unha volta? Ou quizás queres que o teu negocio ou servizo comece a ser visible e a vender por internet? Pois nós podémoste axudar! Un dos servizos que ofrecemos dende a nosa empresa é o deseño ou redeseño WEB, e para ensinarvos o noso traballo hoxe deixámosvos neste enlace co blogue creado para o proxecto Ribeiro Do Miño, un programa integrado para o emprego, promovido polos concellos de Toén, Cenlle e Castrelo de Miño e subvencionado pola Xunta de Galicia e o Ministerio de Emprego e Seguridade Social.

Ler máis

Se continúa navegando no noso sitio acepta a política de cookies máis información

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close