Blog : diseño gráfico

O noso traballo: no CCA do Ribeiro querémoste!

O noso traballo: no CCA do Ribeiro querémoste!

Xa se achega o (fermoso e romántico para uns/unhas e empalagoso e consumista para outr@s) día de San Valentín, e o Centro Comercial Aberto do Ribeiro queren agradecer que fagamos as nosas compras no mercado local sorteando unha chea de cousas para dous.

E nós agradecemos que confiaran en nós para o deseño do cartaz da campaña do 14 de febreiro.

Así que se queredes entrar no sorteo dunha cea, unha masaxe con ciucuíto termal ou un aloxamento con almorzo incluído xa sabedes, a consumir no comercio local, que ademais así gañamos tod@s.

Love is in the air!

portada facebookcartaz redes sociales

Recreo true stories

Recreo true stories

Atent@s que hoxe traemos unha desas entradas que enganchan!

Os ingredientes: sarcasmo+humor+actualidade+sencillez+deseño= Recreo true stories

Andrés Requena agasállanos periodicamente na súa conta de Instagram estas ilustracións cargadas de humor e sátira que nos teñen totalmente enganchadas. Porque as imaxes gañan cos trazos sinxelos que as forman e porque fai xogos de palabras. Se é que máis non podemos pedir.

Non deixedes de seguilo!

969dcb115e9f11e4a18190e2ba66de28_8 1171896_1547625598786247_159203238_n 1517033_1501898896747900_2036994658_n 1963199_367262603423341_1032951540_n 10483606_345682345601806_1912704853_n 10576083_426051614202103_911914626_n 10593421_719761818072812_2017111999_n 10608178_597320297051089_1787754123_n 10616600_690782104340653_1069417178_n 10643837_343292555848601_26375300_n 10643910_339808876185654_568860686_n 10666172_327610687408669_177399162_n 10706957_334925100018223_1687790855_n 10723911_725836250824139_304001139_n 10724032_675534582560535_1796045823_n 10724092_377224825773763_166381547_n 10727636_646190392162083_2040987725_n 10729368_1506020299656355_960214863_n 10731447_374478996043458_1839077447_n 10735100_546126465522794_89013909_n 10748057_753574854696358_1197266764_n 10755805_1509100545997111_32504153_n 10784973_306232362911949_912813693_n 10808460_753068344759103_1730369314_n 10808531_1517491698520870_1219252286_n 10808585_357214137794321_1044603425_n 10808815_364819170363122_918117793_n

 

Todo o mundo ten que ir

Todo o mundo ten que ir

Lucas Savelli, é director creativo e ilustrador 100% orgánico, que é como se define. Creou esta serie de ilustracións onde heroes de ficción infantil ou non tan infantil fan a sua visitiña ó trono, como calquera fill@ de veciño.

Colección divertida e curiosa,

Enjoy!

Avelardo BugsBunny Donald Homero Mickey RanaRene Rosa

 

 

 

Carreiras cinematográficas ilustradas

Carreiras cinematográficas ilustradas

Hoxe traémosvos unhas ilustracións moi simpáticas dun artista estadounidesnse chamado Jeff Victor.

A súa traxectoria é ampla e ten traballado para as máis grandes empresas audiovisuais (Warner Bros, National Geographic Kids, MTV, Play Station 2…) por iso vos recomendamos que entredes na súa web ou no seu blog para marabillarvos co seu traballo.

Máis hoxe, o que vos queriamos ensinar é esta xenial serie de ilustracións nas que se plasma a carreira cinematográfica dalgunas das máis famosas actrices e actores de cine. En cada unha aparecen @s protagonistas ó longo do tempo cos seus papeis máis recoñecidos. E o artista non deixa ningún detalle atrás!

A ver se @s recoñecedes a tod@s!

Jim Carrey

Uma Thurman

Bill Murray

Tom Hanks

Tim Curry

Sigourney Weaver

Rick Moranis

Nicolas Cage

Natalie Portman

Kurt Russell

Johnny Depp

Jack Nicholson

Charlize Theron

Gary Oldman

O noso traballo para Aula Gabinete Psicopedagóxico

O noso traballo para Aula Gabinete Psicopedagóxico

O novo curso chegou e as mozas de Aula Gabinete Psicopedagóxico quixeron estar ben preparadas para afrontalo con todas as súas enerxías. Para iso delegaron en nós o deseño dos seus carteis publicitarios e tamén a súa publicidade on-line.

Como xa sabedes, entre outras moitas cousas, ofrecemos servizos de Community Manager para que o perfil on-line das vosas empresas estean sempre actualizados con contidos que encantarán aos vosos seguidores e seguidoras. Aula é só un exemplo, esperamos os vosos”gústame” e desexamos que esta campaña achege moitos usuarios ás aulas de Aula Gabinete Psicopedagóxico.

Graciñas mozas por confiar en nós!

aula de adultos

aula de apoio educativo2




 

 

Se continúa navegando no noso sitio acepta a política de cookies máis información

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close