Blog : diseño gráfico

O noso traballo para a 30 Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia

O noso traballo para a 30 Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia

Como xa saberedes a Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia é unha data  sinalada tanto para A coma para B. Para nós MIT sempre é especial e gozámola como nenas. E este ano ademáis temos unha razón de peso para que o sexa inda máis: o cartel e o programa deseñámolo nós!

Cando hai meses Roberto Pascual, o director da MIT, nos chamou para facernos este encargo invadiunos a euforia e tamén os nervios por querer facer un moi bo deseño.

Despois de semanas de moito traballo, reunións e probas, atopamos nesta imaxe a identidade do 30 aniversario da MIT, aniversario onde a música é a protagonista e por iso tamén debía ser dalgún xeito a protagonista do deseño.

Agardamos os vosos comentarios, queremos saber que vos parece para continuar aprendendo!  E tamén agardamos que veñades por Ribadavia nestes días nos que  ás pedras da nosa vila invádelles a arte.

IMG_7471

IMG_7473

IMG_7478


Se queredes ver o programa completo da MIT 2014 premede AQUI

O noso traballo: chapas personalizadas!

O noso traballo: chapas personalizadas!

Celebras a túa voda proximamente? Pois aquí tes unha idea orixinal para agasallar  aos teus convidados: chapas personalizadas!

Estas son para unha parella moi especial e saen hoxe directas para A Coruña, que xa non queda nada para o gran evento!  Se queres as túas consúltanos, dende 1 € a unidade poden ser ese regalo exclusivo e persoal.

_IGP4922

_IGP4924

_IGP4998

_IGP4920

_IGP4939

_IGP4917

_IGP4925 _IGP4956

_IGP4934

_IGP4937

_IGP4946

_IGP4942

_IGP4961

_IGP4948

_IGP4915

_IGP4959

_IGP4964

_IGP4953

_IGP4968

_IGP4972

_IGP4975

_IGP4983

_IGP4988

_IGP4991

_IGP4999

_IGP5006

_IGP5009

Así desbloquean o seu celular personaxes famosos

Así desbloquean o seu celular personaxes famosos

Así desbloquean su celular personajes famosos” é un proxecto levado a cabo polo ilustrador colombiano Juan Camilo Corredor, Director de Arte na revista Bacánika.

O minimal estivo, está e estará de moda. Nun intento por sintetizar ideas con trazos sinxelos, este deseñador engade un toque de humor e de modernidade ó seu proxecto, presentándonos a maneira na que iconas da cultura pop terían desbloqueado os seus teléfonos móbiles.

Un traballo redondo (fixádevos nas mangas!).

Visto aquí.

 

Cartaces a concurso!

Cartaces a concurso!

Un ano máis a coordinadora da Festa da Istoria buscaba a imaxe que promovería a festa deste ano, o cartel anunciador.

Nós, por primeira vez dende que existe este concurso, presentámonos con varias propostas e… non gañamos! oooohhhh! Pero encántanos o cartel gañador, todo hai que dicilo!

Para o ano máis e mellor!

Esperamos comentarios coa vosa opinión! Graciñas

cartel 1 enviar

cartel 2 enviar

festa da istoria2014_1

festa da istoria2014_2

 

 

E a continuación o cartaz  gañador feito por Alfredo León Mañú de Aoiz-Navarra, un gran traballo.

10462720_769084233136539_97424205552295530_n

 




 

O noso traballo: deseño de etiquetas

O noso traballo: deseño de etiquetas

Fai xa un tempo fixemos un deseño para a colleita 2013 da Adega Pousadoiro.  Por fin hoxe chegounos a proba do gran viño de Alfredo e antes de catalo queremos compartir con vós o deseño da súa  etiqueta.

Para o deseño había unha premisa: non abandoar a imaxe da fada, xa que xa é un dos símbolos da adega. Tiñamos que  integrala nun contexto e eleximos este arbore e engadimos ó deseño a cor plata xa que lle da un toque de elegancia digno deste gran viño.

Gracias Alfredo por confiar en nós.

Esperamos que vos guste!

Sin título-1 Sin título-2

Sin título-3

Sin título-4

 



 

 

Se continúa navegando no noso sitio acepta a política de cookies máis información

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close