Blog : diseño gráfico

O noso traballo: Ruta do Viño do Ribeiro

O noso traballo: Ruta do Viño do Ribeiro

Nesta fin de semana temos unha boa oportunidade para coñecer a cultura do viño no Ribeiro. A asociación da Ruta do Viño do Ribeiro organiza un ano máis as xornadas de portas abertas cunha chea de boas opcións para disfrutar do Ribeiro con todos os sentidos.

Estas opcións e actividades veñen resumidas nun tríptico que nos encargaron para o cal tivemos que adaptar o cartaz común da campaña, que aportou a Xunta de Galicia a todas as denominacións de orixe onde se celebran estas xornadas.

Ademáis do díptico unha das actividades estrela é este Pasaporte Interviños co que poderás gañar moitos grandes premios. Como di o seu lema: participa e gaña!

IMG_5211 IMG_5212 IMG_5209

O noso traballo

O noso traballo

Xa fai tempo que se ven constituíndo no Ribeiro a Asociación Fotográfica do Ribeiro onde tod@ fotógraf@ aficionad@ ou profesional pode aportar o seu graíño de area.

A asociación une persoas que comparten a súa paixón pola fotografía en todos os seus ámbitos. Faranse exposicións, cursos, proxecións e o máis importante, aprenderemos os uns dos outros.

Dende a asociación encargáronnos o logotipo e  este é o resultado, que esperamos que vos guste.

Esperando grandes imaxes, longa vida á Asociación Fotográfica do Ribeiro!

logo asociacion fotografica do ribeiro

 

 

O noso traballo

O noso traballo

“O meu pai, o meu super heroe!” foi o eslogan que nos plantexaron dende a Asociación de Comerciante do Ribeiro (EAR) para o cartaz da especial campaña do Día do Pai 2014.  Van a facer  actividad onde nenos e pais son os protagonistas e  iso era o que querían plasmar neste cartel promocional, pais e nenos superheroes.

Esperamos que non vos perdades a actividade do día 22 de Marzo xa que é moi orixinal e podedes levar un agasallo para as vosas casas.

Un aplauso para esta activa asociación.

Cartel dia do pai

 

 

 

Se continúa navegando no noso sitio acepta a política de cookies máis información

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close