Blog : fotografía

Os corpos surrealistas de Ángela Burón

Os corpos surrealistas de Ángela Burón

Ángela Burón é a autora dun dos nosos últimos descubrimentos no mundo dos blogs.

Quizais, o que primeiro nos chamou a atención foron as súas fotografías (hipnotizan, enganchan, confunden). Pero unha vez que nos puxemos a indagar nas entrañas do blog tamén descubrimos que Ángela Burón escribe, conta historias e comparte cousas (e dentro de cousas incluímos vídeos dos Simpson). Atrevédevos a entrar porque paga a pena. E para as máis curiosas e curiosos ata nos ensina a través de vídeos como fai as súas montaxes. E repetimos, comparte vídeos dos Simpson 😉

Ler máis

Unha nova droga: as tecnoloxías

Unha nova droga: as tecnoloxías

Removed é unha serie de imaxes creadas polo fotógrafo estadounidense Eric Pickersgill, coas que critica a nosa adición aos teléfonos intelixentes e ás redes sociais. Porque quen pode afimar con toda seguridade que podería pasar tan só un par de días sen o teléfono e non sentir nin unha miguiña de ansiedade? E falamos de dous días rutinarios, non dous días de escapada, que aí podemos sobrevivir calquera 😉

A idea que tivo Eric Pickersgill foi a de fotografar persoas utilizando os seus dispositivos para despois retirarllos mediante retoque. E o resultado fala por si mesmo.

Sabemos é un tema moi manido e semella que a ninguén nos gusta escoitar iso de que somos exclavas das tecnoloxías, pero é unha realidade. E estas fotografías fannos reparar nela dunha maneira máis artística.

P.D: Un besi a quen esté lendo este artigo dende o seu dispositivo móbil.

Ler máis

Ouro parece, plata non é

Ouro parece, plata non é

Vanessa Mckeown é unha mestra do “trampantojo“. As súas creacións caracterízanse non só por utilizar obxectos cotiás para darlles formas moi cobizosas (e apetecibles) senón tamén polo uso da cor. É unha artista que se move entre a Dirección de Arte, a Fotografía e a Escenografía. Así que non se nos ocorre unha mellor maneira de colorear esta mañá outonal que coas súas creacións. Disfruten!

E non deixedes de seguir o seu instagram!

Ler máis

Creatividade ó poder

Creatividade ó poder

Hai artistas que con pouco fan moito. E a nós gústannos especialmente. Porque os medios técnicos non teñen por que ser un obstáculo á hora de facer cousas sinxelas, resultonas e boas.

Por iso nos marabillan artistas coma a australiana Peechaya Burroughs, que nos serven de inspiración para botar a andar a cabeza, as ideas, a imaxinación…

Disfrutade!

Ler máis

Combophoto

Combophoto

Combophoto é un proxecto de Stephen McMennamy e que cumple os requisitos para encantarnos a A&B: orixinalidade e sinxeleza. Como ben o explica o nome, Combophoto consiste en combinar dúas fotografías para crear un concepto novo. É unha marabilla ver como xoga coas escalas e como, cunha idea tan sinxela consegue uns efectos ben resultóns.

Ler máis

Martin Roller, artista e fotógrafo de obxectos

Martin Roller, artista e fotógrafo de obxectos

Hoxe querémosvos presentar a Martin Roller, un  artista alemán que nos recorda ó fotógrafo español Chema Madoz, do cal nos confesamos fans!

Este artista dá vida coas súas mans a pequenos obxectos cotiás e con eles crea novos obxectos ou situacións extravagantes, coloridas e cunha estética moi coidada. En ocasións estas imaxes rozan o absurdo e isto é o que máis nos gusta. O seu irracional “cargador de pepinillos” ou o seu desatinado “cepillo de lapis” son dúas das nosas imaxes favoritas, a ti cal che gusta máis?

Ler máis

Se continúa navegando no noso sitio acepta a política de cookies máis información

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close