Blog : humor

This is India

This is India

Hoxe queremos compartir con vós parte do que foron as nosas vacacións. Sodes moitas as que nos parades pola rúa pra pedirnos que vos ensinemos a nosa visión da India así que, sen máis preámbulos… Aí vai!

Poderiamos comezar dicindo que aterrizar en Delhi é unha bofetada sen anestesia de choque cultural. A India non é soamente que pertenza a outro continente senón que tamén semella estar soterrada noutra era. A lóxica occidental non ten sentido neste territorio e de feito precísanse uns poucos días para adaptarse. A nosa primeira hora en Delhi poderíase resumir nun constante esforzo por sobrevivir ao incesante pitido dos tuc-tuc e coches, tratar de conseguir chegar ao noso aloxamento sen que nos levaran a unha axencia de viaxes onde nos tentaran vender un paquete de “Visite A India en 15 días como unha turista máis” e cruzar as rúas sen ser atropeladas por un carro, tuctuc, bicicleta, moto, persoa ou no mellor dos casos, unha vaca (que polo menos é sagrada). Proba superada!

Estampa das rúas de Delhi

Ler máis

Frases de nais

Frases de nais

Quen nunca escoitou o típico: “Cala e come!” ou “Abrígate que vai frío”? Quen, eh?

Nós por sorte si. Porque as nosas marabillosas nais sempre se ocuparon de aturarnos, educarnos e ser sinceiras con nós. De feito a pregunta “Por que non te peinas?” escoiteina non fai demasiado da boca da miña bendita avoa.

Xa saíran das vosas nais, avoas, pais ou avós seguro que ninguén se libra dalgunha destas frases obrigadas na crianza de calquer persoa.

E a tenda online (dirixida a nais e embarazadas) nANUFACTURE recolleunas todas nunha serie de chapas e de posters que farán que vos transportedes á infancia (e quizais algunha/algún de vós vos sorprendades decatándovos de tela escoitado de novo, pero nos vosos propios beizos!!).

Nota: a colección de chapas ven nun tupper. Onde mellor gardar unha herencia coma esta?

Ler máis

La gente anda diciendo

La gente anda diciendo

La gente anda diciendo é un proxecto colaborativo mediante o cal se recompilan fragmentos de conversacións escoitadas nas rúas arxentinas (nun icicio). Frases soltas, ás veces inconclusas, case sempre fóra de contexto pero que nos sacarán máis dun sorriso. Nacido en 2012, leva recompiladas máis de 100.000 frases (que se di pronto!) e vai medrando xa que cada día reciben máis e máis escoitas.

Sempre facemos fincapé en que nos gustan as ideas sinxelas. É complicado atopar a efectividade nunha idea, pero se ademais esa idea é simple, sen demasiadas florituras, esa idea engánchanos.

Esta é a descrición que fan a autora e autor do proxecto:

Somos Tatiana Goldman y Ezequiel Mandelbaum, creadores del proyecto web La Gente Anda Diciendo. La idea nació en diciembre de 2011 con un premisa simple pero ambiciosa: hacer una recopilación de miles de frases escuchadas en las calles para algún día editar un libro que reflejara de forma entretenida la manera en que hablamos. Durante 9 meses registramos unas 150 frases. Entonces, en agosto de 2012, decidimos compartir algunas en una página de facebook y una cuenta en twitter: http://www.facebook.com/LaGenteAndaDiciendo y @gentediciendo. Desde ese momento comenzamos a recibir el apoyo de cientos de miles de personas que envían lo que ellos mismos escuchan. A medida que aumentaban los seguidores, el proyecto fue cobrando notoriedad pública, siendo difundido por varios de los medios más importantes de Argentina y Latinoamérica.
Filosofía pura a pé de rúa. Mola, non?

Ler máis

Se continúa navegando no noso sitio acepta a política de cookies máis información

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close