Blog : ilustración

Viaxemos con @paperboyo

Viaxemos con @paperboyo

Hoxe imos viaxar polo mundo da man de Rich McCor. Este artista crea situacións moi imaxinativas con siluetas de cartón superpostas en lugares cotiáns e coñecidos por case todo o mundo. Na súa conta de Instagram, baixo o seudónimo de @paperboyo, poderedes atopar ducias de imaxes, cada cal máis orixinal . O que comezou como un pequeno proxecto en Gran Bretaña acabouse extendendo a todo o planta.

Así que, entrade e… boa viaxe!

10467982_1693884800869549_1464049315_n_002 10666159_496222850539924_1083735322_n 11337231_504084249761325_1305097249_n 11809664_1064214240321941_1751510546_n 11820463_1127570277272115_53424816_n 11856629_878237948918874_897980283_n 11856719_1504320899879156_1031104398_n 12445777_1706690932912131_1917657398_n 12717066_1094450933932499_777556822_n

 

 

 

 

 

 

 

Ilustrando soños

Ilustrando soños

Mert tugen é un ilustrador turco que nos ten encandiladas.

O trazo feito a man, o uso da cor e os seus fermosos gifs fan que nos enganchemos a todos e cada un dos seus personaxes.

Deixámosvos cunha selección de imaxes que nos gustaron e a súa conta de Facebook e Instagram para que buceedes nas súas obras 🙂

Ler máis

Lim Zhi Wei, arte floral

Lim Zhi Wei, arte floral

Hoxe presentámosvos a unha artista moi primaveral. Chámase Lim Zhi Wei e usa entre outras cousas acuarelas e pétalos para crear, unha mestura coa que logra un efecto moi visual e colorido.

Esta xoven artista de Malasia decidiu crear pequenas obras con obxecetos cotidiáns. Debuxa acuarelas de formato pequeno xa que non dispón de moito tempo libre para pintar grandes cadros. Con esta técnica crea bailarinas, insectos, monumentos… e loitando contra o efímero do material, imortaliza a súa obra mediante fotografías das mesmas, que son obras de arte en si mesmas.

Aquí vos deixamos a súa páxina e o seu instagram, @lovelimzy, que paga a pena seguir!

13983485090_2be0d985f4_b

Ler máis

O meu can ten unha humana

O meu can ten unha humana

As persoas que temos a sorte de compartir as nosas vidas cun compañeiro ou compañeira canin@ tamén coñecemos á perfección as partes menos románticas desta convivencia. Inda así, querémol@s como parte da familia porque o bo supera con creces o menos bo.

Pois este tema serviulle de inspiración a Rupert Fawcett para escribir e ilustrar os seus libros “The secret life of dogs” (“A vida secreta dos cans”) e “A dog’s best friend” (“O/a mellor amig@ dun can/cadela”). Viñetas que narran con humor o día a día dunha persoa con can.

Se vivides cun Ledo coma nós verédesvos moi identificad@s.

 

Ler máis

Convídote!

Convídote!

Porque @s teus/túas convidad@s son unha das partes máis importantes da túa voda. Sen el@s ese día non sería o mesmo e merecen que @s sorprendas cun convite moi especial, que reflicta o que vós sodes e o por que dese día tan agardado por vós.

Así que se precisades axuda cos vosos convites xa sabedes onde atoparnos! Queredes algo moderno? Cun toque retro? Aquí vos deixamos uns exemplos que fixemos ultimamente.

Ah! E se o que buscades é fuxir do papel e pasarvos ó formato vídeo consultádenos! Facemos uns #savethedate e #videoconvites xeniais!

Ler máis

O noso traballo: Gastronomía de Castrelo de Miño en Xantar

O noso traballo: Gastronomía de Castrelo de Miño en Xantar

Un ano máis o concello de Castrelo de Miño presenta as súas festas gastronómicas e os seus Ribeiros en Xantar, o 16º Salón Internacional de Turismo Gastronómico que terá lugar do 4 ao 8 de marzo en Ourense (ou sexa que este fin de semana xa tedes plan culinario!)

Para promovelos encargáronnos estes flyers onde presentan ademáis os carteis das festas gastronómicas do concello para este ano 2015 (feitos tamén por nós): a festa da Anguía, a da Rosquilla e a da Codorniz.

Castrelo móvese, aposta polo seu, o local. Por iso é un concello que logra diferenciarse do resto. E xa sabedes que se queredes saber máis deste concello e a súa gastronomía espéranvos cos brazos abertos en Xantar 2015.

Que aproveite!

Ler máis

Se continúa navegando no noso sitio acepta a política de cookies máis información

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close