Blog : interactividade

Unha curta interactiva

Unha curta interactiva

Fai aproximadamente un mes falabámosvos do director canadiense Vincent Morisset nunha das nosas entradas. Ben, pois hoxe ímolo recordar, porque querémosvos presentar un corto interactivo da súa autoría titulado Bla Bla.

Vincent Morisset é un realizador nacido en Montreal e que creou a axencia AATOAA, adicada ó que el define como “interacción cinematográfica”. O seu traballo céntrase en proxectos web ademais de realizar numerosos videoclips e curtametraxes animadas.

Bla bla é unha curta interactiva que explora os principios fundamentais da comunicación humana. O espectador fai que a historia sexa posible: sen el ou ela, os personaxes permanecen inertes, esperando a próxima interacción.Cada un dos seis capítulos da historia representa un aspecto diferente da comunicación e ilustra estos aspectos a través de personaxes entrañables e un chisco desconcertantes.

“BLA BLA utiliza a xerografía sobre papel, animacións de ActionScript xerado, monicreques para estudar o movemento e cartografía 3D en tempo real”, explica Morisset. “Quería crear estados de ánimo e xerar emocións a través dunha peza interactiva. É moi difícil facer crescendos dramáticos nun sitio web… Pensei que sería un reto interesante”.

Trátase dunha peza de interacción moi intuitiva na poderiamos destacar os efectos de son e o deseño dos personaxes. E dende aquí animámosvos a que xoguedes clicando aquí. Boa semana a tod@s!

 

BLA-BLA-1Blabla_web_7blabla_web_dim4_0  Screen-Shot-2011-11-10-at-10.05.33-AM-e1320937604817 tumblr_lm6d6eVwPY1qclyefo1_500blabla_photo_famille_bw

E aquí o making of:

Visto aquí.

Interactúa con Acade Fire

Interactúa con Acade Fire

Arcade Fire é unha banda canadiense de rock alternativo ( Wikipedia dixit), inda que nós cremos que a súa música é un chisco máis complicada de clasificar xa que engaden instrumentos coma o violín, a viola, o violonchelo, o piano, a mandolina, o ukelele, o acordeón, o xilófono e mesmo a zanfona, cousa que nos chamou moito a atención.

Pero hoxe non queremos falar da súa música, senón máis ben do seu último videoclip, porque é recomendable estar pendiente dos lanzamentos desta banda xa que normalmente son bombazos.

A orixinalidade radica en que a maioría dos seus videoclips requiren dunha visualización activa, é dicir, precisan da participación de quen está a ver o vídeo. Esta tendencia comezou con Neon Bible (quizais o máis sinxelo) e continuou con We Used to Wait, un experimento feito conxuntamente con Google, no que utilizando a ferramenta de xeolocalización de Google Maps, @ usuari@ introduce o nome do seu barrio do que máis tarde aparecerán imaxes de satélite dentro das diferentes ventanas que se van abrindo no vídeo.

E a partir deste mes de setembro podemos disfrutar da súa última peza: Just a Reflektor, un vídeo grabado íntegramente en Haití e dirixido por Vincent Morisset, un home do que voltaremos a falar, xa que ten traballos moi, moi interesantes.

Así que encendede a web cam e non sexades tímid@s co rato (recomendamos o uso de Chrome). Ah! e no smartphone tamén podedes disfrutal del!

E se non vos convence demasiado, podedes probar coa versión clásica:

 

Se continúa navegando no noso sitio acepta a política de cookies máis información

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close