Blog : maquetación

O noso traballo: Gastronomía de Castrelo de Miño en Xantar

O noso traballo: Gastronomía de Castrelo de Miño en Xantar

Un ano máis o concello de Castrelo de Miño presenta as súas festas gastronómicas e os seus Ribeiros en Xantar, o 16º Salón Internacional de Turismo Gastronómico que terá lugar do 4 ao 8 de marzo en Ourense (ou sexa que este fin de semana xa tedes plan culinario!)

Para promovelos encargáronnos estes flyers onde presentan ademáis os carteis das festas gastronómicas do concello para este ano 2015 (feitos tamén por nós): a festa da Anguía, a da Rosquilla e a da Codorniz.

Castrelo móvese, aposta polo seu, o local. Por iso é un concello que logra diferenciarse do resto. E xa sabedes que se queredes saber máis deste concello e a súa gastronomía espéranvos cos brazos abertos en Xantar 2015.

Que aproveite!

Ler máis

O noso traballo

O noso traballo

Hai xa tempo que ás rapazas de Alto alto como unha montaña lles rondaba pola cabeza facer un conto infantil para concienciar e sensibilizar respecto ó proceso educativo dun neno/nena con TEA.

Para iso crearon Hada Esther un  conto cunhas ilustracións preciosas e moita mensaxe. Nós achegamos o noso graíño de area maquetando o libro e aquí vos deixamos a mostra do resultado final.

Ogallá veñan moitos máis traballos fesmosos coma este!

IMG_1172-2 IMG_1177 IMG_1180 IMG_1186 IMG_1190 IMG_1194

Se continúa navegando no noso sitio acepta a política de cookies máis información

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close