Blog : música

This is India

This is India

Hoxe queremos compartir con vós parte do que foron as nosas vacacións. Sodes moitas as que nos parades pola rúa pra pedirnos que vos ensinemos a nosa visión da India así que, sen máis preámbulos… Aí vai!

Poderiamos comezar dicindo que aterrizar en Delhi é unha bofetada sen anestesia de choque cultural. A India non é soamente que pertenza a outro continente senón que tamén semella estar soterrada noutra era. A lóxica occidental non ten sentido neste territorio e de feito precísanse uns poucos días para adaptarse. A nosa primeira hora en Delhi poderíase resumir nun constante esforzo por sobrevivir ao incesante pitido dos tuc-tuc e coches, tratar de conseguir chegar ao noso aloxamento sen que nos levaran a unha axencia de viaxes onde nos tentaran vender un paquete de “Visite A India en 15 días como unha turista máis” e cruzar as rúas sen ser atropeladas por un carro, tuctuc, bicicleta, moto, persoa ou no mellor dos casos, unha vaca (que polo menos é sagrada). Proba superada!

Estampa das rúas de Delhi

Ler máis

Wide Open, o novo de The Chemical Brothers

Wide Open, o novo de The Chemical Brothers

The Chemical Brothers son un dúo inglés de música electrónica que levan máis de 20 anos en activo. Durante os seus anos de carreira teñen feito infinidade de colaboracións con outros músicos e músicas e tamén teñen coqueteado co mundo da arte (o Museo Nacional Británico de Arte Moderno convidounos a que elexiran un traballo que os inspirara de entre a súa colección de arte moderno e, a continuación, escribiran unha canción sobre el. Podedes escoitala aquí). Por iso non nos sorprende que moitos dos seus vídeos permanezan na nosa memoria (quen non recorda aquel contundente Hey Boy, Hey Girl no que unha orda de esqueletos bailaban nunha discoteca?).

Bueno, pois o vídeo que vos queremos ensinar hoxe non nos parece menos interesante xa que se trata dun plano secuencia no que unha bailarina ve como o seu corpo se vai convertindo nunha especie de malla xeométrica. Uns efectos visuais de dez adornados coa marabillosa voz de Beck.

O traballo está firmado por dom&nic, os directores Nic Goffey e Dominic Hawley, con quen levan traballando dende 1997 e a quen lles debemos a xoia que antes mencionabamos: Hey boy, hey girl. Tamén cabe destacar o traballo da bailarina británico-xaponesa Sonoya Mizuno, quen nos hipnotiza cos seus movementos.

Subide o volume dos altavoces e disfrutade!

 

Ler máis

ABC musical

ABC musical

Como estamos a luns, chove e os días son cada vez máis curtos que vos parece se comezamos a semana con música? Non hai nada que non mellore unha boa canción ou, neste caso, unha boa e orixinal idea.

Priscilla Fois Missk é unha deseñadora gráfica, ilustradora e directora de arte italiana que creo un abecedario tipográfico a partir de 24 portadas de vinilos. Portadas que nos soarán a case tod@s.

Ademais do orixinal da idea encántanos o colorido que utiliza como fondo de cada composición (a parte do seu gusto musical).

Ler máis

O noso traballo: ProgramaSon

O noso traballo: ProgramaSon

Dende hai uns meses parece que a boa música en directo fixose un oco na nosa vila. Por fin tres dos moitos emprendedores que pariu este pobo, Lisi, Lore e Manuel, se ían preocupar de crear un espazo onde a música en directo fose a protagonista dando así un pouco de vidilla a Ribadavienses e foraneos. Gracias, de corason!

Eles dende o seu  blog infórmannos dos movementos pélvicos que se aveciñan ao Cafe Concerto Son e para este primeiro trimestre do ano encargáronnos o deseño do cartel informativo, unha programason moi completa, que nós non nos imos perder! 

Graciñas pola confianza chicos e moita sorte neste proxectazo!

micro2_correxido

 

Discos que cantan

Discos que cantan

Hoxe compartimos con vós un dos mellores videoclips que temos visto nos últimos tempos.

O vídeo mola pola idea, pola montaxe, pola estética… Pero sobre todo polos protagonistas, porque neste vídeo aparecen The Smiths, David Bowie, Madonna, Bob Dylan, Pink Floyd, Abba, Prince e mesmo Lou Reed. E inda non remata aquí a lista! Cando o visionedes atoparedes moitos máis artistazos.

E agora ven a pregunta… Como conseguiron reunir a semellante plantilla? Pois o segredo reside en que quen canta son as portadas máis míticas destas bandas. As protagonistas en realidade son as portadas de LP’s que, animadas polo (moi novo) director israelí Vania Heymann nos cantan e rapean un tema de Roy Kafri titulado “Mayokero”.

Atent@s á historia, que ten mensaxe! A gozar!

Se continúa navegando no noso sitio acepta a política de cookies máis información

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close