Blog : pintura

Etienne Lavie, arte coma substituta da publicidade

Etienne Lavie, arte coma substituta da publicidade

Elienne Lavie é un artista francés cuxa obra máis destacada ata o momento consistiu en retirar de diferentes soportes publicitarios a publicidade habitual e substituíla por obras de arte clásicas. A súa exposición púidose ver en dúas grandes cidades, Milán e París.

O resultado chama a atención: saca á rúa obras que só poderiamos ver en grandes museos e tráeas ás cidades achegándoas a todos os públicos. O nome do proxecto é ” OMG quen roubou os meus anuncios?” e na web do autor podedes ver máis das súas obras.

Agardamos que vos guste!

 




etienne-lavie-9

etienne-lavie-8

etienne-lavie-3

etienne-lavie-4

etienne-lavie-5

etienne-lavie-6

etienne-lavie-7

etienne-lavie-2

 

Ilustracións que plasman sentimentos e pensamentos

Ilustracións que plasman sentimentos e pensamentos

Hoxe traémosvos unha ilustradora que nos encandilou non só coas súas ilustracións, senón tamén polos textos que as acompañan. Descubrímola gracias a un dos nosos blogues de referencia: mis gafas de pasta ya no están de moda.

O seu nome é Rocío Gómez Moral e no seu sitio web fai unha descrición estupenda de si mesma que cremos serve de presentación:

“O meu nome é Rocío Gómez Moral, son de Almería.

Son Licenciada en Belas Artes e actualmente estou a estudar Gráfica Publicitaria.

Dende moi pequena deixei ben claro que a miña afección polos lapis e o debuxo non quedaría aí… Adoro o debuxo, o papel en branco, a mancha de cor, deixar fluír o papel… En definitiva, gozar do debuxo e a pintura.

Plasmar sentimentos e pensamentos en cada unha das miñas ilustracións.”

Nós só podemos engadir que nos encanta. Disfrutádea!

 

 

Moedas Pop

Moedas Pop

“Tales You Lose” é un proxecto ideado polo deseñador brasileiro Andre Levy que consiste en “disfrazar” as caras das moedas. O artista comezou a pintar sobre moedas coleccionadas nas súas viaxes, para “engadir ás pequenas esculturas masivamente reproducidas outros relatos que contar”.

Vaia, que podemos ver a Franco, ó rei ou a gobernantes e persoeiros doutros países disfrazados de Krusty, Skeletor ou Amelie. Moi divertido!

Tamén o podedes seguir na súa páxina de Facebook ou Instagram.

“Errata corrige”

“Errata corrige”

Ekaterina Panikanova deulle vida a libros vellos elixíndoos como os lienzos da súas obras. Libros vellos ou libros xa sen uso substituídos por e-books son os que forman a súa obra chea de figuras psicolóxicas e recordos da infancia, que son as claves desta colección.

A artista rusa mezcla á perfección a pintura, o collage e a arte da reciclaxe. Porque calquera cousa pode ter máis dunha vida, só fai falla botarlle imaxinación.

 

Ekaterina-Panikanova-yatzer-14 fin panikanova-1 panikanova-3 panikanova-4 panikanova-6 panikanova-9

Xa é venres, compañeir@!

Xa é venres, compañeir@!

Natasha Lelenco é pintura, fotografía, vídeo, animación, ilustración… Esta muller polifacética descríbese a si mesma da seguinte maneira: “Son artista porque son supervivinte e son supervivinte porque non se me ocurriu outra cousa que adicarme a isto que tanto me gusta: explotar a imaxinación e a creatividade en todos os campos da imaxe, da pintura, da ilustración, da fotografía e do vídeo”

A artista  galego-moldava nacida na Unión Soviética  na actualidade traballa en Ourense e arredores. A música e o cine están presentes no seu traballo pero na actualidade destacamos os seus traballos no mundo do teatro colaborando con multitude de compañías galegas e na Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia, dende xa fai anos. E xa falando de colaborar destacamos o seu traballo  no Festival Arteficial  con vídeos como este.

Natasha é Arteficial, A&B somos Arteficial, se ti tamén queres selo, colabora en Verkami!

O corpo como lienzo

O corpo como lienzo

Alexa Meade é unha artista estadounidense de 27 anos que poderiamos clasificar entre a fotografía, a instalación, a performance e a pintura. En lugar de usar o lienzo como base, Meade pinta directamente sobre os corpos dos seus suxeitos, dando a impresión de que estos son unha pintura dentro da obra mesma.

As súas obras gozan dun gran realismo, xa que moitas veces non seriamos capaces de descifrar se se trata dun lienzo ou un corpo. O corpo pasa a convertirse nunha figura bidimensional.

Xulgade por vós mesm@s:

AlexaMeade_9 AlexaMeade_10 AlexaMeade_11 AlexaMeade_8 AlexaMeade_7 AlexaMeade_3 AlexaMeade_4 AlexaMeade_5 AlexaMeade_6 AlexaMeade_1 AlexaMeade_2

 

Se continúa navegando no noso sitio acepta a política de cookies máis información

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close