Blog : publicidade

O noso traballo

O noso traballo

Non queda nada para os bicos, bicos e máis bicos, agasallos a mil, comidiña rica en familia e bo rollismo in the nigh!

Siii…!!! O Nadal vénsenos enriba e nótase no ambiente, na decoración e nas mensaxes. E unha destas mensaxes é o que vos queremos ensinar hoxe.

Este cartel é un  encargo dos  Establecimientos Asociados do Ribeiro (EAR)  ó que lle dimos moitas voltas ata chegar ó que podedes ver nestes días nas rúas do Ribeiro.

Aquí vos deixamos este nadal cargadiño de premios, sorte para todos!

E se chove, deixa chover-e…

blog 2

 

blog 3

 

 

 

 

 

 

Absolut: arte e cor

Absolut: arte e cor

Un encargo que tivemos fai un tempo fixo que nos puxeramos ó día en canto ás últimas tendencias en packaging. Así descubrimos o redeseño da liña de sabores de Absolut Vodka.

Quizais Absolut sexa unha das marcas máis coñecidas de vodka en todo o mundo e tamén unha das que máis coida a súa imaxe (xa sexa co deseño da etiqueta, coa publicidade ou simplemente coa forma da botella).

E este verán que acabamos de deixar atrás fíxose pública a nova proposta de estilo visual das súas botellas de vodkas de sabores, un dos maiores redeseños que a marca ten feito na súa historia e que foi levado a cabo por The Brand Union Stockholm.

Cada botella foi pensada en termos do simbolismo e os conceptos asociados ós seus ingredientes principais, de maneira que a esencia de cada sabor quede encarnada e amplificada a través da arte; usando máis ben elementos emocionais que as típicas imaxes de froitas.

Unha prosta colorida, orixinal e chamativa. Por iso a nós encántanos.

 

Visto aquí.

Unha cidade moi natural

Unha cidade moi natural

En A&B encántannos os traballos manuais, os que levan o seu tempo e os que se contrúen pouco a pouco. Por iso nos chamou poderosamente a atención este traballo gráfico da axencia Wirz Gruppe para a cadea de restaurantes vexetarianos Tibits.

A campaña recrea diferentes cidades europeas nas que se atopa o restaurante (Londres, Basilea, Berna ou Zúrich) pero utilizando soamente vexetais como materiais.

Unha gran idea que ten como finalidade  promocionar os seus produtos pero tamén deixar claro que a verdura é unha estupenda enerxía natural.

O resultado final é abraiante debido sobre todo ó xogo coas luces, os reflexos na agua, as sombras… E ademais de todo isto toda a iluminación foi creada con LEDs e alimentada de forma natural con baterías feitas con limóns.

Creatividade, natureza, orixinalidade e sustentabilidade. Unha estupenda combinación que deixa á vista un resultado impecable.

Animámosvos tamén a que visionedes o making of, xa que nos dá unha visión global do tremendo traballo que hai detrás desta estupenda campaña.

 

 

Visto aquí.

Coa comida non se xoga

Coa comida non se xoga

Estamos seguras de que en máis dunha ocasión tivestes escoitado esta frase: “coa comida non se xoga!!”. Pois parece que @s creativ@s da axencia de publicidade australiana WHYBINTBWA non o tiveron moito en conta; ou se cadra alí as nais/pais non son tan ríxid@s con esta norma tan extendida por aquí.

Por iso, o estudio australiano creou esta orixinal campaña publicitaria para promover o Festival Internacional de Comida de Sydney. A campaña consiste nunha serie de fotografías nas que se recrean as bandeiras de diferentes países utilizando os ingredientes máis recoñecidos en cada país.

Unha maneira orixinal, divertida e apetecible que convida a descubrir a cociña de calquera país arredor do mundo.

E a modo de anécdota: a bandeira española está feita con chourizo. Coincidencia?? Non o cremos…

 

Visto aquí.

 

Movilfotografía

Movilfotografía

Se botamos un ollo ás estadísticas sobre as camáras máis usadas pola xente na plataforma Flickr podemos observar que moitas das fotos alí publicadas están feitas cun teléfono móvil.

Hoxe queremos ensinarvos as imaxes que toma  Broc Davis co  seu teléfono. O artista e consagrado publicista é unha desas persoas  que non poden parar de crear.

7b02bc4805af4023b2cbdf45b3477c7f 212c0d45cc97beded034d9c3e0399e3e 452e8ca61603554f8cd9a1765ca109e3 529ba6a91994cbdf76516b3850270990 39450a1ebefa2924605dc8c5b3b57890 68435746572bfd0955483f7e3c061616 a661fa5b849ba55b187eb948da14a6d9 b893c8b48ff42c8c61b5a84e3e74e90c c8903ddda15fd233bf8df42b019c02b6 f4c78c2063437ae0f0cbb299bf24b6d4

 

 

O noso traballo

O noso traballo

Aínda que sexa luns dende a nosa mesa xa estamos pensando en festas! E unha festa moi especial na nosa comarca é a Festa da Anguía de Castrelo de Miño.  Aquí vos deixamos o cartel que lles fixemos para a ocasión!

castrelo blog

Se continúa navegando no noso sitio acepta a política de cookies máis información

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close