Blog : Uncategorized

Fotografías de Tamas Dezso

Fotografías de Tamas Dezso

Luns a tope de power e con gañas de buscar inspiracións! E un blog moi inspirador e que nos gusta visitar é  “Cada día un fotógrafo”

Este blog está feito por un rapaz vasco, residente en San Sebastián e fotógrafo afeccionado que se chama Luís Martínez Aniesa. Como el mesmo di no seu blog adícalle entre 1 e 3 horas diarias de traballo e para nós fai unha labor de recompilación moi interesante. Neste blog podedes ver traballos e biografías de máis de 1.400 fotógrafos e buscar “cada día unha nova fonte de inspiración”.

Hoxe a entrada está adicada ó fotógrafo húngaro Tamas Dezso e nós facémonos eco das súas imaxes e deixámosvos as que máis nos gustaron. Disfrutádeas e a seguir buscando inspiración!

Tamas_Dezso_Epilogue_0001_546

Ler máis

O meu can ten unha humana

O meu can ten unha humana

As persoas que temos a sorte de compartir as nosas vidas cun compañeiro ou compañeira canin@ tamén coñecemos á perfección as partes menos románticas desta convivencia. Inda así, querémol@s como parte da familia porque o bo supera con creces o menos bo.

Pois este tema serviulle de inspiración a Rupert Fawcett para escribir e ilustrar os seus libros “The secret life of dogs” (“A vida secreta dos cans”) e “A dog’s best friend” (“O/a mellor amig@ dun can/cadela”). Viñetas que narran con humor o día a día dunha persoa con can.

Se vivides cun Ledo coma nós verédesvos moi identificad@s.

 

Ler máis

Convídote!

Convídote!

Porque @s teus/túas convidad@s son unha das partes máis importantes da túa voda. Sen el@s ese día non sería o mesmo e merecen que @s sorprendas cun convite moi especial, que reflicta o que vós sodes e o por que dese día tan agardado por vós.

Así que se precisades axuda cos vosos convites xa sabedes onde atoparnos! Queredes algo moderno? Cun toque retro? Aquí vos deixamos uns exemplos que fixemos ultimamente.

Ah! E se o que buscades é fuxir do papel e pasarvos ó formato vídeo consultádenos! Facemos uns #savethedate e #videoconvites xeniais!

Ler máis

Femme Fierce, mulleres o poder!

Femme Fierce, mulleres o poder!

Por cultura, loita, historia, dereitos e moitas outras razóns o día 8 de marzo é unha data marcada no calendario deste o noso mundo: o día Internacional da Muller. A&B, Ainhoa e Blanca, non queriamos deixar de lado esta data sen traervos unha entrada chula para o día de hoxe, así que nos fomos ata Londres, cibernauticamente falando (xa podía ser de verdade), para ensinarvos o Femme Fierce: Leake Street All Girl Takeover.

Este é un festival de arte urbana e graffiti exclusivamente feminino, con charlas e talleres prácticos onde máis de 150 artistas converterán o túnel Leake da cidade londinense nunha galería de arte ao aire libre grazas a un enorme mural inspirado no tema “Porque son unha Nena”.

Para presentarvos un pouco o festival deixámosvos estas imaxes da pasada edición, apetece ir verdade?

Ler máis

O noso traballo: fotografía de bebés

O noso traballo: fotografía de bebés

O seu primeiro nadal, os seus primeiros “patucos”, os seus primeiros sorrisos… El@s son Claudia e Bruno e… a que cae a baba con el@s?

Bruno, atento a cámara e con gañas de pousar, Claudia un pouco máis revolucionaria e sempre atenta ao seu irmán, pero ante todo dous bebes preciosos que non soltaron nin unha bágoa! Coa axuda da súa nai e o seu pai, de moitas garatuxas e un montón de agarimos, logramos capturar estas imaxes que esperamos que vos gusten. A nós encantounos a experiencia, descubrir con estes dous grandes modelos o dificil e bonita que é a fotografía de crianzas… todo un reto!

Moitísimas grazas aos papis pola confianza e compartir con nós estes momentos!

Ler máis

O noso traballo: ProgramaSon

O noso traballo: ProgramaSon

Dende hai uns meses parece que a boa música en directo fixose un oco na nosa vila. Por fin tres dos moitos emprendedores que pariu este pobo, Lisi, Lore e Manuel, se ían preocupar de crear un espazo onde a música en directo fose a protagonista dando así un pouco de vidilla a Ribadavienses e foraneos. Gracias, de corason!

Eles dende o seu  blog infórmannos dos movementos pélvicos que se aveciñan ao Cafe Concerto Son e para este primeiro trimestre do ano encargáronnos o deseño do cartel informativo, unha programason moi completa, que nós non nos imos perder! 

Graciñas pola confianza chicos e moita sorte neste proxectazo!

micro2_correxido

 

Se continúa navegando no noso sitio acepta a política de cookies máis información

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close