Blog : viaxes

This is India

This is India

Hoxe queremos compartir con vós parte do que foron as nosas vacacións. Sodes moitas as que nos parades pola rúa pra pedirnos que vos ensinemos a nosa visión da India así que, sen máis preámbulos… Aí vai!

Poderiamos comezar dicindo que aterrizar en Delhi é unha bofetada sen anestesia de choque cultural. A India non é soamente que pertenza a outro continente senón que tamén semella estar soterrada noutra era. A lóxica occidental non ten sentido neste territorio e de feito precísanse uns poucos días para adaptarse. A nosa primeira hora en Delhi poderíase resumir nun constante esforzo por sobrevivir ao incesante pitido dos tuc-tuc e coches, tratar de conseguir chegar ao noso aloxamento sen que nos levaran a unha axencia de viaxes onde nos tentaran vender un paquete de “Visite A India en 15 días como unha turista máis” e cruzar as rúas sen ser atropeladas por un carro, tuctuc, bicicleta, moto, persoa ou no mellor dos casos, unha vaca (que polo menos é sagrada). Proba superada!

Estampa das rúas de Delhi

Ler máis

Viaxemos con @paperboyo

Viaxemos con @paperboyo

Hoxe imos viaxar polo mundo da man de Rich McCor. Este artista crea situacións moi imaxinativas con siluetas de cartón superpostas en lugares cotiáns e coñecidos por case todo o mundo. Na súa conta de Instagram, baixo o seudónimo de @paperboyo, poderedes atopar ducias de imaxes, cada cal máis orixinal . O que comezou como un pequeno proxecto en Gran Bretaña acabouse extendendo a todo o planta.

Así que, entrade e… boa viaxe!

10467982_1693884800869549_1464049315_n_002 10666159_496222850539924_1083735322_n 11337231_504084249761325_1305097249_n 11809664_1064214240321941_1751510546_n 11820463_1127570277272115_53424816_n 11856629_878237948918874_897980283_n 11856719_1504320899879156_1031104398_n 12445777_1706690932912131_1917657398_n 12717066_1094450933932499_777556822_n

 

 

 

 

 

 

 

Ensinarme as fotos das túas vacacións? Si, por favor!

Ensinarme as fotos das túas vacacións? Si, por favor!

Ver as fotos das vacacións de amig@s e familiares pódese convertir nun castigo digno das torturas medievais máis crueis. Pero non todas, nós quixeramos ser amigas desta xente que vos presentamos a continuación e pasarnos o día vendo os marabillosos proxectos que crean coas instantáneas e vídeos das súas viaxes, non vos parece?

E a semana santa acaba de comezar, quen se anima a facer un vídeo destos?? Se nos levades convosco facémosvolo nós 😉

 

 

 

Guillaume Blanchet, que bo descubrimento!

Guillaume Blanchet, que bo descubrimento!

Mentres as pulseriñas de gomiñas de cores triunfan como a CocacolaGuillaume Blanchet lles atopa un uso diferente e dá vida con elas a “Unha rapaza chamada Elastika“, curtametraxe premiada con mais dunha decena de galardóns en diferentes festivais internacionais de cine.

Esta curta leva á súa protagonista, Elastika, por diferentes mundos e aventuras recreadas con materiais de oficina cun estilo marcado de videoxogo “oitenteiro” que nos encanta. Unha bonita historia creada con materiais simples e moita paciencia que seguro fascinará a nen@s e non tan nen@s!

Este é só un dos seus traballos como cineasta independente e recomendámosvos  que non vos perdades o resto da súa filmografía, entrade na súa web e descubrídeo, é un grande creativo!

 

A GIRL NAMED ELASTIKA from Guillaume Blanchet I Filmmaker on Vimeo.

 

Comida around the world

Comida around the world

Instagram é unha rede social que esperta a creatividade de moita xente, xa sexa polo simple feito de crear ou por coleccionar seguidor@s.

Así é que esta moza de Indonesia comezou unha serie de fotografías arredor do mundo nas que inmortaliza un petisco típico do país no que se atopa. E a idea, ademais de apetitosa é ben resultona, non credes?

Deixámosvos cunha mostra do seu traballo e se queredes máis podédela seguir na súa conta de Instagram: girleatworld.

Visto aquí.

 

Visitando o Ribeiro!

Visitando o Ribeiro!

Esta fin de semana Entretempos convidounos a unha actividad de vendima iniciativa da Ruta do Viño do Ribeiro. Durante este més fixeron varios paseos no viñobus con visitas a adegas, degustacions de viños, o tunel do viño na igrexa da Madalena…

Nos para aportar o nosos graniño de area a promoción desta comarca tomamos estas imaxenes que queremos compartir con todos vos!

Boa semana!

 

 

bus viño-3 bus viño-5 bus viño-10 bus viño-12 bus viño-14 bus viño-19 bus viño-23 bus viño-27 bus viño-29 bus viño-32 bus viño-34 bus viño-60 bus viño-63

 

 

Se continúa navegando no noso sitio acepta a política de cookies máis información

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close