Blog : viaxes

Visitando o Ribeiro!

Visitando o Ribeiro!

Esta fin de semana Entretempos convidounos a unha actividad de vendima iniciativa da Ruta do Viño do Ribeiro. Durante este més fixeron varios paseos no viñobus con visitas a adegas, degustacions de viños, o tunel do viño na igrexa da Madalena…

Nos para aportar o nosos graniño de area a promoción desta comarca tomamos estas imaxenes que queremos compartir con todos vos!

Boa semana!

 

 

bus viño-3 bus viño-5 bus viño-10 bus viño-12 bus viño-14 bus viño-19 bus viño-23 bus viño-27 bus viño-29 bus viño-32 bus viño-34 bus viño-60 bus viño-63

 

 

Proxecto Lavanderia

Proxecto Lavanderia

Entender, tender… Facer arte de fotografiar tendais alleos, mostrando intimidades, usando algo tan cotiá. Sivan Askayo é unha fotógrafa freelance asentada en New York namorada de obxectos e persoas, e eso é o que se ve nas súas imaxes repletas tamén de cor e cotianidade.

Ela ten varios proxectos persoais e este que vos presentamos é un deles, “Intimidade en virtude dos cables “, proxecto ademáis con múltipes paradas xeográficas retratadas en forma de roupa: Madrid, Barcelona, ​​Londres, Florencia, Venecia e Bos Aires.

Que o disfrutedes!

Sivan Askayo-Intimacy-1_1024 Sivan Askayo-Intimacy-2_1024 Sivan Askayo-Intimacy-3_1024 Sivan Askayo-Intimacy-4_1024 Sivan Askayo-Intimacy-8_1024 Sivan Askayo-Intimacy-23_1024 Sivan Askayo-Intimacy-24_1024

Xa é venres, compañeir@!

Xa é venres, compañeir@!

cropped-cabeceira-equipaxe-de-man

Viaxeir@s! Imos? Equipaxe de man vainos axudar a atopar o noso destino e descubrir a maxia de viaxar. Este blog de viaxes colaborativo, 100% galego,  conta con 13 viaxeiros que narran as súas experiencias por rincóns do mundo.

Eles dicen que comparten no seu blog relatos de viaxes, de experiencias, suxerencias, plans de futuro, compromiso coa terra… pero cunhas normas claras: que cada un escriba o que queira, como queira e de onde máis lle apeteza. “Prohibimos iso si blogueiras ou blogueiros con parella estable dende os 15 anos, que aprobasen unha oposición aos vintepoucos e que atopen a satisfacción na mesma viaxe cada verán; porque necesitabamos xente acostumada a percorrer a Terra buscando as bolas máxicas, afeccionada a aprender de cada aventura e da xente que se atopa no camiño”.

Ademáis, buscar o teu camiño da súa mán é sinxelo xa que teñen un blog moi limpo e claro. Italia, Palestina, Galiza, Portugal… Rutas, escapadas, gastronomía, segredos… entra no blog e comeza a túa viaxe.

 

 

 

 

Maddie enriba de cousas

Maddie enriba de cousas

De tod@s é sabido que posar é unha das tarefas máis complicadas e incómodas deste mundo (para o corrente das e dos mortais; somos conscientes de que tod@s temos unh@ amig@ que sae ben en todas as fotos, no noso caso chámase Arantxa, grrrrr…).

Ben, pois hoxe encantaríanos presentarvos a Maddie, unha cadela que ademais de posar con total tranquilidade e dignidade conta cunha paciencia sen igual.

Maddie é a protagonista dun fermoso proxecto chamado “Maddie on things” (Maddie enriba de cousas) no que o fotógrafo Theron Humphrey retrata a Maddie nunhas situacións únicas, divertidas e realmente encantadoras. El mesmo o define coma un proxecto súper serio acerca dos cans e a física.

Theron Humphrey ten varios proxectos en marcha, un deles consiste en  percorrerse durante 365 días os 50 estados de EUA, fotografar cada día unha persoa e contar unha pequena historia acerca destas persoas (a web é altamente recomendable: This Wild Idea). Subiu á súa furgoneta e antes de comezar a longa viaxe, decidiu pasar por un refuxio de animais e buscar unha cadela para que fose a súa compañeira de viaxe (a que xa vira pola web do refuxio). Quen lles ía dicir a Theron e a Maddie que aquilo ía ser o comezo dunha longa amizade?

Desta forma e de maneira inesperada ela converteuse na protagonista dun proxecto paralelo: Maddie enriba de cousas.

Pero é que ademais de todo isto, Humphrey está levando a cabo un proxecto paralelo en colaboración con Purina One no que defende o rescate de animais chamado “Why we rescue NYC” e “Why we rescue USA”.

Ficamos completamente conquistadas.

E xa que estamos falando de cans e cadelas, deixámosvos aquí o enlace de facebook dun grupo creado no Ribeiro no que informan de mascotas abandoadas e perdidas para adoptar e rescatar. Nunca se sabe onde pode haber unha Maddie esperando por vós!

Maddie Book Tour! from This Wild Idea on Vimeo.51NKPFjWlPL 99290366756168837_jsbosbsk_c maddie portada maddieonthings18 tumblr_m3093s2ga51r9164to1_500 tumblr_mdy9nlqwLp1r9164to1_500 tumblr_me1wlqxB9K1r9164to1_500 tumblr_me5jxn252M1r9164to1_500 tumblr_me09pzKdBR1r9164to1_500 tumblr_metw4aNJn01r9164to1_500 tumblr_mez6ydKXq31r9164to1_500 tumblr_mfv6h1bjj31r9164to1_500 tumblr_mfwlukodp31r9164to1_500 tumblr_mgtz0yAsY11r9164to1_500 tumblr_mh5alhKPpV1r9164to1_500 tumblr_mhidnhdulc1r9164to1_500 tumblr_mhk16csKNm1r9164to1_500 tumblr_mhtm40P3Jh1r9164to1_500 tumblr_mhyz61B3Lv1r9164to1_500 tumblr_mi6gwonhaw1r9164to1_500 tumblr_mi7rxsv0Pt1r9164to1_500 tumblr_mih7dkxLTT1r9164to1_500 tumblr_miiwlmXRck1r9164to1_500 tumblr_mil3jn4K3W1r9164to1_500 tumblr_mixynrcqwY1r9164to1_500 tumblr_mizogzIHZD1r9164to1_500 tumblr_mj71g7TsH71r9164to1_500 tumblr_mjaro2tJ2A1r9164to1_500 tumblr_mjg98mdjic1r9164to1_500 tumblr_mjo0bxWL8E1r9164to1_500 tumblr_mk0mv3H2Zo1r9164to1_500 tumblr_mk6iug14tJ1r9164to1_500 tumblr_mkkwx9G38I1r9164to1_500 tumblr_mkmrheAktZ1r9164to1_500 tumblr_mky84vu8Mh1r9164to1_500

Se continúa navegando no noso sitio acepta a política de cookies máis información

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close