Blog : web

Unha curta interactiva

Unha curta interactiva

Fai aproximadamente un mes falabámosvos do director canadiense Vincent Morisset nunha das nosas entradas. Ben, pois hoxe ímolo recordar, porque querémosvos presentar un corto interactivo da súa autoría titulado Bla Bla.

Vincent Morisset é un realizador nacido en Montreal e que creou a axencia AATOAA, adicada ó que el define como “interacción cinematográfica”. O seu traballo céntrase en proxectos web ademais de realizar numerosos videoclips e curtametraxes animadas.

Bla bla é unha curta interactiva que explora os principios fundamentais da comunicación humana. O espectador fai que a historia sexa posible: sen el ou ela, os personaxes permanecen inertes, esperando a próxima interacción.Cada un dos seis capítulos da historia representa un aspecto diferente da comunicación e ilustra estos aspectos a través de personaxes entrañables e un chisco desconcertantes.

“BLA BLA utiliza a xerografía sobre papel, animacións de ActionScript xerado, monicreques para estudar o movemento e cartografía 3D en tempo real”, explica Morisset. “Quería crear estados de ánimo e xerar emocións a través dunha peza interactiva. É moi difícil facer crescendos dramáticos nun sitio web… Pensei que sería un reto interesante”.

Trátase dunha peza de interacción moi intuitiva na poderiamos destacar os efectos de son e o deseño dos personaxes. E dende aquí animámosvos a que xoguedes clicando aquí. Boa semana a tod@s!

 

BLA-BLA-1Blabla_web_7blabla_web_dim4_0  Screen-Shot-2011-11-10-at-10.05.33-AM-e1320937604817 tumblr_lm6d6eVwPY1qclyefo1_500blabla_photo_famille_bw

E aquí o making of:

Visto aquí.

Xa é venres, compañeir@: Emedemeiga

Xa é venres, compañeir@: Emedemeiga

Cando comezamos esta sección pensamos que sería algo non demasiado prolongado no tempo, pero a medida que pasan as semanas decatámonos de que estamos rodeadas de moita, moita, moita máis xente valiosa do que pensabamos.

Tan valiosa coma a María Meiga.

Non sei se serei capaz de describila, porque a Meiga ten tanta maxia dentro que só estando un chisco con ela se pode descubrir. Pero como ela fai unha descripción fermosísima de si mesma, acho que é a mellor presentación que podedes ter:

 

“María Meiga es una diseñadora con la cabeza llena de ideas mágicas y encantadas y más de 8 años de experiencia en el sector del diseño gráfico, editorial y web.
 Gallega de corazón y palabra, un día de hace ya 4 años y después de probar suerte en diferentes ciudades, puso rumbo a Madrid donde todavía sigue formándose personal y profesionalmente.
 Danzarina por afición, casada con las nuevas tecnologías, amante del lápiz, de la acuarela y estudiante incansable, se ofrece para nuevas oportunidades laborales y colaboraciones relacionadas con el diseño, la ilustración y/o cualquiera de sus campos aplicados”
 

A que esperades para entrar na súa web e deixarvos camelar pola súa arte?? Adiante!: Emedemeiga.

E se queredes atopar algún segredo, remexede neste precioso blog: Bocetos Secretos.

Interactúa con Acade Fire

Interactúa con Acade Fire

Arcade Fire é unha banda canadiense de rock alternativo ( Wikipedia dixit), inda que nós cremos que a súa música é un chisco máis complicada de clasificar xa que engaden instrumentos coma o violín, a viola, o violonchelo, o piano, a mandolina, o ukelele, o acordeón, o xilófono e mesmo a zanfona, cousa que nos chamou moito a atención.

Pero hoxe non queremos falar da súa música, senón máis ben do seu último videoclip, porque é recomendable estar pendiente dos lanzamentos desta banda xa que normalmente son bombazos.

A orixinalidade radica en que a maioría dos seus videoclips requiren dunha visualización activa, é dicir, precisan da participación de quen está a ver o vídeo. Esta tendencia comezou con Neon Bible (quizais o máis sinxelo) e continuou con We Used to Wait, un experimento feito conxuntamente con Google, no que utilizando a ferramenta de xeolocalización de Google Maps, @ usuari@ introduce o nome do seu barrio do que máis tarde aparecerán imaxes de satélite dentro das diferentes ventanas que se van abrindo no vídeo.

E a partir deste mes de setembro podemos disfrutar da súa última peza: Just a Reflektor, un vídeo grabado íntegramente en Haití e dirixido por Vincent Morisset, un home do que voltaremos a falar, xa que ten traballos moi, moi interesantes.

Así que encendede a web cam e non sexades tímid@s co rato (recomendamos o uso de Chrome). Ah! e no smartphone tamén podedes disfrutal del!

E se non vos convence demasiado, podedes probar coa versión clásica:

 

No mas – de mama

No mas – de mama

Hoxe gustaríanos destacar unha páxina web á que estamos moi agradecidas (e as nosas nais tamén). No más – de mamá é un proxecto gastronómico, audiovisual e gráfico que destaca pola súa calidade nas tres artes.

A páxina, antes coñecida como “No más tuppers de mamá”, tivo que mudar o seu nome debido a que a empresa que se adica a fabricar estos envases para alimentos os convidaron “amablemente” a facelo. Agora mesmo están buscando unha nova denominación inda que esperemos que sexa iso o único que cambien porque nos parece un proxecto moi saboroso.

No más – de mamá é un recetario para todos os públicos no que de maneira sinxela e musical podemos preparar platos que nos deixen quedar ben diante dos nosos comensais. E o mellor de todo: non se precisa unha ampla experiencia entre os fogóns.

A apariencia da web é sinxela e conta con dúas clasificacións dos platos (por tipo e por dificultade). Pero o que acabou por conquistarnos foi o seu deseño e estilo.

Aquí vos deixamos uns exemplos para que os degustedes:

6a00d8341bfb1653ef017c34737740970b no-mas-tuppers-mama-L-GtGhiI salados-nomastuppersdemama1

 

 

 

Xa estamos aquí

Xa estamos aquí

Hoxe comezamos este proxecto con moita enerxía e gañas. A&B adicámonos á comunicación e ó deseño dende O Ribeiro.

Principalmente traballamos para a xente do noso entorno xa que coñecemos as súas necesidades, porque… por algún sitio hai que comezar!

Este blog serviranos de escaparate para compartir con vós as nosas creacións. Pero ademais, A&B somos Ainhoa e Blanca e imos utilizar este blog para compartir ideas e proxectos que nos inspiran ou simplemente cousas bonitas que atopemos pola rede.

Comezamos!

A&B é:

Comunicación

Deseño

Creatividade

A&B somos:

Ainhoa e Blanca

Se continúa navegando no noso sitio acepta a política de cookies máis información

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close