a&b comunicación

Desordes Sonoras

Este fin de semana movímonos ata o norte para visitar (e gozar) o Desordes Sonoras, un festival artístico-musical organizado por xente do DesOrdes Creativas. A xornada comezaba xa na hora do vermú e remataba con concertos ata ben entrada a noite. Pero a actividade diurna estrela foi o roteiro guiado polos murais da vila, que inda que breve, foi moi, moi interesante.

Para quen non a coñeza, Ordes é unha vila coruñesa que (baixo o noso punto de vista) foi situada no mapa grazas ao festival de arte na rúa chamado Desordes Crativas. Así é que se pode pasear polas súas rúas e deleitarse con murais de pequena e grande escala pintados por artistas vid@s dende Italia, Arxentina, México ou Grecia así como do Estado español e a propia Galiza. Unha sorte contar con tanto colorido e arte ao alcance de todas e todos.

Así que A&B puxemos rumbo a Ordes na procura de inspiración. E atopamos iso e moito máis, xa que os murais son unha auténtica marabilla e os concertos foron o broche de ouro para unha xornada ben fermosa. Ah! E encantounos saudar a Noel e ver como pintaba en directo. Un artistazo!

Deixámosvos cunha pequena mostra do que foi o roteiro e convidámosvos a que vos acheguedes un día, porque paga moito a pena. Arte para tod@s!

 

 

 

 

Deixa un Comentario.

© A&B Comunicación. Todos os dereitos reservados