Ilustracións en movemento

Ilustracións en movemento

Ilustracións en movemento

Laurène Boglio é unha ilustradora e deseñadora francesa. E non sabemos cal parte do seu traballo nos gusta máis. No seu portfolio, atopamos traballos editoriais e de identidade visual nos que o tratamento tipográfico nos deixa abraiadas.

Pero hoxe queremos falar da súa faceta como ilustradora. As súas creacións aínda que minimalistas, transpórtannos a outro mundo; sobre todo os seus GIFs (formato do que algunha vez xa vos confesamos a nosa fascinación).

Así que non deixedes de visitar a súa web e o seu blog, porque o seu estilo elegante pero cun toque de humor acabará por conquistarvos como o fixo con nós.

Deixar unha resposta

*

Se continúa navegando no noso sitio acepta a política de cookies máis información

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close