Si! Comezamos o novo curso e voltamos á carga cunha nova entrada de gifs (a sexta!).
Desta volta traémosvos un tumblr chamado The Gif Connoisseur, no cal varios artistas realizan gifs inspirados na pintura “The Connoisseur” de Norman Rockwell e que representa a un home observando un cadro de Pollock. Esta obra ten desconcertad@s a centos de historiador@s que levan 50 anos tentando averiguar se o autor coa obra pretendía denunciar o movemento de Pollock ou, pola contra, demostra un gusto polo seu traballo.
Deste xeito, o tumblr cuestiona a labor d@ espectador/a que visita os cadros de museos e a maneira de “consumir” esta cultura.
Pero o blog non só nos deleita con gifs animados senón que nel tamén se intercalan frases cun carácter moi irónico (que era o que lle faltaba ó famoso anuncio de compresas) como por exemplo: “De que cor é o ceo?”, Que é o medo?” ou “Onde están os gatos?”.
A continuación deixámosvos o cadro orixinal e debaixo os gifs.
A gozar!
Visto aquí.
Deixar unha resposta