No mas – de mama

No mas – de mama

No mas – de mama

Hoxe gustaríanos destacar unha páxina web á que estamos moi agradecidas (e as nosas nais tamén). No más – de mamá é un proxecto gastronómico, audiovisual e gráfico que destaca pola súa calidade nas tres artes.

A páxina, antes coñecida como “No más tuppers de mamá”, tivo que mudar o seu nome debido a que a empresa que se adica a fabricar estos envases para alimentos os convidaron “amablemente” a facelo. Agora mesmo están buscando unha nova denominación inda que esperemos que sexa iso o único que cambien porque nos parece un proxecto moi saboroso.

No más – de mamá é un recetario para todos os públicos no que de maneira sinxela e musical podemos preparar platos que nos deixen quedar ben diante dos nosos comensais. E o mellor de todo: non se precisa unha ampla experiencia entre os fogóns.

A apariencia da web é sinxela e conta con dúas clasificacións dos platos (por tipo e por dificultade). Pero o que acabou por conquistarnos foi o seu deseño e estilo.

Aquí vos deixamos uns exemplos para que os degustedes:

6a00d8341bfb1653ef017c34737740970b no-mas-tuppers-mama-L-GtGhiI salados-nomastuppersdemama1

 

 

 

Deixar unha resposta

*

Se continúa navegando no noso sitio acepta a política de cookies máis información

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close