O noso traballo: “Solo”

O noso traballo: “Solo”

O noso traballo: “Solo”

Seguímosvos presentando máis cousas recén saídas do forno de A&B. E esta fainos especial ilusión, xa que se trata dun cartel (e programa de man) que deseñamos para unha obra de teatro organizada pola Asociación Española contra el Cáncer (AECC) que se estreou o pasado 19 de setembro no Teatro Principal de Ourense. A obra ten por título “Solo” e trata o tema da homosexualidade.

E este encargo gustounos porque colaborar cunha asociación desta envergadura é todo un pracer. E non vos podedes nin imaxinar a ilusión que nos fixo ver a nosa obra pendurada da carteleira do Principal!!

Deixámosvos unhas fotos da estrea para que vexades o contentas que estabamos (e non sei se incluso máis nerviosas que @s propi@s actores e actrices).

Que vos parece o cartel?

fachada teatro fachada teatro2cartaz soloa&b solo programa de man 1 programa de man 2

 

Por certo… ata saímos na prensa 😉

solo prensa 2

solo prensa

 

 

6 Comments

  • Ichi 1 Outubro, 2013 at 13:39

    Enhorabuena por el trabajo!! MOla mucho el cartel 🙂

    • A&B Comunicacion e Deseño Author 1 Outubro, 2013 at 13:51

      Moitísimas gracias. Poñémonos contentísimas cando alguén nos di que lle gusta o noso traballo 🙂

  • Silvia Villar 1 Outubro, 2013 at 16:07

    O cartaz é moi bo, noraboa polo voso traballos. Sodes moi grandes!!!

    • A&B Comunicacion e Deseño Author 1 Outubro, 2013 at 16:51

      Gracias Silvia!!! Medramos gracias a vós! Muaca!

  • Agustin Pérez 1 Outubro, 2013 at 23:43

    A verdade que sodes mazo profesionais… estou encantado cos vosos traballos e as vosas ideas… seguide asi sempre. bikos as duas… e seguir sorrindo, ese e o millor regalo…grazas

  • A&B Comunicacion e Deseño Author 2 Outubro, 2013 at 09:36

    Ui! Que ilusión nos fan estas mensaxes, de verdade.
    Seguiremos traballando duro e sorrindo sempre!
    Gracias a ti pola confianza, Agustín.

Deixar unha resposta

*

Se continúa navegando no noso sitio acepta a política de cookies máis información

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close