Onde está Momo?

Onde está Momo?

Onde está Momo?

Despois de case ano e medio (xa!!) de vida deste blog, supomos que non será ningún segredo para ningunh@ de vós que temos unha pouca (moita!) debilidade polos cans. Quizais esta debilidade débese a que o Ledo é o mellor can do mundo 😉 (Lembrádesvos da súa actuación estelar no concurso de felicitacións de nadal de Dinahosting?) pero é que en varias ocasións temos visto proxectos que combinan á perfección fotografía, vídeo e amizade canina: quen non se lembre da marabillosa Maddie que clique aquí.

E hoxe traémosvos isto mesmo: Find Momo.

Find Momo é un libro de fotografía. Pero tamén é un xogo, xa que seguindo o mesmo funcionamento do archicoñecido “Dónde está Wally?” o seu autor, Adrew Knapp, convídanos a atopar a Momo en cada fotografía. O proxecto comeza cando o fotógrafo decide viaxar ó longo da xeografía estadounidense acompañado do seu border collie Momo. E se o Ledo é un gran actor, Momo non fica para nada atrás, se non, comprobádeo neste vídeo:

E agora deixámosvos con algunhas das fotografías do proxecto, non sen antes recomendarvos o lugar onde coñecimos a Andrew Knapp, o seu Instagram: (@andrewknapp).

tumblr_naq9elKqIO1rl7jb2o1_1280 tumblr_nax4d2e6CQ1rl7jb2o1_1280 tumblr_nbbt26CoXJ1rl7jb2o1_1280 tumblr_nbpfw6m0141rl7jb2o1_1280 tumblr_nbsj4octlJ1rl7jb2o1_1280 tumblr_nbya8w4Zkt1rl7jb2o1_1280 tumblr_nc1tliRwx61rl7jb2o1_1280 tumblr_nc5lclYyAX1rl7jb2o1_1280 tumblr_ncb6v4yEws1rl7jb2o1_1280 tumblr_ncd9w0RWbu1rl7jb2o1_1280 tumblr_ncet2fc9G61rl7jb2o1_1280 tumblr_ncglhr5zrZ1rl7jb2o1_1280 tumblr_ncrtx54pJT1rl7jb2o1_1280 tumblr_ncttp3vhC91rl7jb2o1_1280 tumblr_nd164h9SQS1rl7jb2o1_1280 tumblr_ndhtjylo6G1rl7jb2o1_1280 tumblr_ndjoghVFr31rl7jb2o1_1280 tumblr_ndsx35y28r1rl7jb2o1_1280

Deixar unha resposta

*

Se continúa navegando no noso sitio acepta a política de cookies máis información

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close