Quen somos?

A maquinaria de A&B

A&B é un estudio de comunicación e deseño que se atopa no corazón do Ribeiro, comarca onde a chuvia é arte.

Sempre coa creatividade por bandeira, buscamos solucións, estratexias e ideas para que as mensaxes cheguen ó público obxectivo de maneira efectiva.

Moitas/os son as/os clientes que teñen confiado en nós para crear e dar a coñecer a súa imaxe, o que fixo que nos especializaramos en deseño de marca, gráfica e Social Media.

Ademais, a creación audiovisual é outra das nosas especialidades, xa que contamos cunha ampla experiencia en proxectos fotográficos e audiovisuais.

CREATIVIDADE

A creatividade permite cumprir desexos de forma máis veloz, sinxela e eficiente. Disfrutamos xerando ideas, buscando pensamentos orixinais e trasladando esto ós nosos servizos.

SERVIZOS PERSOALIZADOS

Para nós as nosas/nosos clientes son o máis importante e por iso nos involucramos persoalmente e con toda a paixón en cada proxecto.

Isto é o que nos fai diferentes.

PAIXÓN

Non sabemos estar paradas, somos persoas comprometidas e con ideais, capaces de vencer os desafíos do cotiá e con desexos de aprender e medrar cada día.

931
Seguidor@s nas redes
23450
Fotografías Disparadas
129
Proxectos rematados
10200
Cancións escoitadas

O que podemos facer por ti

Os nosos servizos

Cartelería

Queres anunciar e comunicar de maneira rápida e directa algunha das túas ofertas, produtos ou servizos? Nós deseñámosche un cartel que non deixará indiferente a ninguén: para imprimir, para a túa web, para as redes sociais… Fará que a túa mensaxe chegue até o infinito e máis alá!

Deseño de Marca

Pensaches algunha vez que a imaxe da túa empresa precisa dunha renovación? Estás creando a túa empresa e precisas deseñar a súa imaxe? Querémoste axudar!
Porque cada vez é más necesario diferenciarse dos demais. Porque ti es diferente.

Campañas Publicitarias

Unha boa estratexia publicitaria é a chave para unhas boas ventas. A túa empresa precisa darse a coñecer e diferenciarse da competencia. Para conseguilo deseñamos todos os materiais e soportes publicitarios que a túa empresa precisa: catálogos, flyers, campañas de publicidade en Internet, publicidade en vehículos,  en televisión…


Deseños Persoalizados

A que moitas veces xa non sabes que regalar? Nós ofrecémosche propostas con deseños persoalizados e orixinais: un agasallo persoal, único e bonito! Ademais como sabemos que es especial e diferente, para nós os teus eventos tamén o son. Por iso deseñamos todo o grafismo do teu evento. Fai da túa festa o evento do ano!

Foto&Vídeo

Se queres inmortalizar un momento especial ou un evento, ou dar a coñecer a túa marca xogando con imaxes, temos un montón de ideas para ti. Ofrecemos servizos de fotografía e vídeo especializados para cada cliente: foto de produto, videos corporativos, spots, photocall, videocall, publirreportaxes, fotografía de eventos, videoclips…

Community Manager

Tes un negocio e non sabes que publicar nas túas redes sociais? Queres crear a comunidade online da túa marca? E por que non unha tenda?
O noso son os hashtags, o SEO e os followers, pertenecemos á xeración 2.0 así que delega e déixate asesorar por nós.
O noso traballo
Vodas 2017

Vodas 2017

Ver proxecto
Trípticos Museo Etnolóxico de Ribadavia

Trípticos Museo Etnolóxico de Ribadavia

Ver proxecto
Albaroque

Albaroque

Ver proxecto
X Arteficial

X Arteficial

Ver proxecto
Cros de Ribadavia

Cros de Ribadavia

Ver proxecto
IES 12 de Outubro

IES 12 de Outubro

Ver proxecto
San Silvestre Ourensá 2016

San Silvestre Ourensá 2016

Ver proxecto
Catálogo “A pesca Fluvial”

Catálogo “A pesca Fluvial”

Ver proxecto

A&B SOMOS AINHOA E BLANCA

COÑÉCENOS

Ainhoa

Son a A

Son Licenciada en Publicidade e RRPP e Técnica Superior en Realización de Audiovisuais. Deseño, edito, redacto e toco a pandeireta.


Blanca

Son a B

Son Licenciada en Comunicación Audiovisual e Técnica en Imaxe. Gústanme as Redes Sociais, facer fotos, vídeos e biscoitos.

Universo A&B

O noso blog

#QueimanGaliza

#QueimanGaliza

Así é como nos atopamos Abelenda, Carballeda de Avia e o Monumento Natural de Pena Corneira este luns 16 de outubro de 2017. Non temos palabras pra describir o sentimento enorme de pena e carraxe que sentimos, pero si queremos, con estas fotografías, que fique aquí a proba do que podemos facer as persoas cando…

Buxo Fest 2017

Buxo Fest 2017

Acabamos de engadir un novo evento á axenda de A&B: o Buxo Fest. O sábado disfrutamos coma cativas das 10 bandas de Galiza e Portugal que conformaban o cartel. En horario diurno, en 9 espazos diferentes e o que máis nos gustou: con moita presencia feminina. Aquí unha pequena mostra bo bonito que foi. Voltamos…

This is India

This is India

Hoxe queremos compartir con vós parte do que foron as nosas vacacións. Sodes moitas as que nos parades pola rúa pra pedirnos que vos ensinemos a nosa visión da India así que, sen máis preámbulos… Aí vai! Poderiamos comezar dicindo que aterrizar en Delhi é unha bofetada sen anestesia de choque cultural. A India non…

Desordes Sonoras

Desordes Sonoras

Este fin de semana movímonos ata o norte para visitar (e gozar) o Desordes Sonoras, un festival artístico-musical organizado por xente do DesOrdes Creativas. A xornada comezaba xa na hora do vermú e remataba con concertos ata ben entrada a noite. Pero a actividade diurna estrela foi o roteiro guiado polos murais da vila, que…

Raubdruckerin: impresión pirata

Raubdruckerin: impresión pirata

Raubdruckerin (pirate printer/impresión pirata) é  un proxecto de 4 artistas alemáns que foron capaces de atopar moita beleza nas rúas da súa cidade utilizando o espazo urbán máis alá da súa función habitual. A idea, por simple e por por poética é unha das que máis nos teñen chamado a atención en moito tempo. Estes…

Viaxemos con @paperboyo

Viaxemos con @paperboyo

Hoxe imos viaxar polo mundo da man de Rich McCor. Este artista crea situacións moi imaxinativas con siluetas de cartón superpostas en lugares cotiáns e coñecidos por case todo o mundo. Na súa conta de Instagram, baixo o seudónimo de @paperboyo, poderedes atopar ducias de imaxes, cada cal máis orixinal . O que comezou como…

Ilustrando soños

Ilustrando soños

Mert tugen é un ilustrador turco que nos ten encandiladas. O trazo feito a man, o uso da cor e os seus fermosos gifs fan que nos enganchemos a todos e cada un dos seus personaxes. Deixámosvos cunha selección de imaxes que nos gustaron e a súa conta de Facebook e Instagram para que buceedes…

Frases de nais

Frases de nais

Quen nunca escoitou o típico: “Cala e come!” ou “Abrígate que vai frío”? Quen, eh? Nós por sorte si. Porque as nosas marabillosas nais sempre se ocuparon de aturarnos, educarnos e ser sinceiras con nós. De feito a pregunta “Por que non te peinas?” escoiteina non fai demasiado da boca da miña bendita avoa. Xa…

Ensinarme as fotos das túas vacacións? Si, por favor!

Ensinarme as fotos das túas vacacións? Si, por favor!

Ver as fotos das vacacións de amig@s e familiares pódese convertir nun castigo digno das torturas medievais máis crueis. Pero non todas, nós quixeramos ser amigas desta xente que vos presentamos a continuación e pasarnos o día vendo os marabillosos proxectos que crean coas instantáneas e vídeos das súas viaxes, non vos parece? E a…

COMUNICANDO E DESEÑANDO DENDE
Ribadavia

Se continúa navegando no noso sitio acepta a política de cookies máis información

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close