a&b comunicación

a gafa de ribadavia.

Neste ano 2016, un dos comercios con máis experiencia da vila cumpre 30 anos. Estamos a falar da óptica A Gafa de Ribadavia.

Este establecemento destacou sempre pola súa coidada imaxe, o bo gusto e a modernidade. Calquera persoa da comarca ficou algunha vez encandeada co seu escaparate ao pasar pola rúa Progreso.

E para festexar este 30 aniversario contaron connosco para o deseño das novas bolsas de papel e dous tarxetóns postais para agasallar aos seus clientes. Nós ficamos encantadas co traballo, a ver que vos parecen!

Cliente:
A Gafa de Ribadavia
Servizos:
Deseño

© A&B Comunicación. Todos os dereitos reservados