albaroque.
Albaroque. Substantivo masculino
1. Comida con que se celebra o remate dun traballo ou labor. Ao rematar a vendima o patrón deulles un albaroque aos xornaleiros.
2. Comida con que se celebra o peche dun trato, contrato etc. Fixeron un albaroque ao pechar o trato da compra.
Ademais disto, Albaroque é un viño do Ribeiro fresco, con notas afrutadas e elaborado por Álvaro, un mozo ao que lle agradecemos moito que confiara en nós para o deseño da súa etiqueta.
E iso era o que queriamos transmitir con ela: festa, celebración e alegría por un traballo laborioso rematado e ben feito.
Canto nos gustan este tipo de traballos! Gracias, Álvaro!