Arteficial 2015

O pasado mes de setembro disfrutamos coma enanas do festival que máis nos gusta. Porque nos dá alegrías pero tamén quebradeiros de cabeza. Éche o que ten estar metida no allo, que hai que pasar por todo: polo doado e polo complicado.

Este ano dende Arteficial apostamos por un cambio radical: un único día de festival, en horario diurno, formato romaría e no corazón do conxunto histórico ribadaviense. E a resposta do público non puido ser mellor: foi todo un éxito!

E para que vexades que non vos mentimos compartimos con vós o vídeo resumo que foi íntegramente elaborado por nós (toma de imaxe e edición).

Esperemos que gostedes del e que o ano que ven nos vexamos no festival!

 

Se continúa navegando no noso sitio acepta a política de cookies máis información

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close