a&b comunicación

Arteficial

Os/as que nos coñecedes un pouquiño sabedes que ambas estamos moi involucradas no festival Arteficial desde xa hai moitos anos. 

O festival é unha romaría diurna que se celebra cada ano no conxunto histórico da nosa vila, Ribadavia. As responsables somos unha asociación sen ánimo de lucho formada por xente nova (e viejóvenes) da comarca. 

Se algún/algunha de vós non veu nunca ao Artefical aquí vos deixamos uns vídeos resumo doutros anos. É dificil resumir todo o que este día acontece: concertos, actividades para crianzas, exposicións, pulpo do bo, moita boa xente con ganas de pasalo ben… Agardamos que con estas imaxes vos entren ganas de vir visitarnos nesta data tan importante para nós: o primeiro sábado de setembro! 

Se nos queredes, venirse!

Clienta:
Ateficial
Servizos:
vídeo

© A&B Comunicación. Todos os dereitos reservados