As Pedriñas
As Pedriñas
As Pedriñas
As Pedriñas

As Pedriñas

Como elas mesmas din, As Pedriñas máis que un Centro Cultural é unha aposta polo futuro. Un espazo de ocio, de convivencia e de cultura para todos e todas as habitantes de Tameiga (Mos).

A menos de 15 minutos de Vigo atopámonos cun proxecto que moitas quixeramos para as nosas vilas: o Territorio Cultural As pedriñas é un espazo de 30.000 metros cadrados de zona verde axardinada, con diferentes instalacións deportivas, piscina, cafetaría, salas e espazos para as actividades socio-culturais e cun edificio principal de 1500 metros cadrados no que se atopa a sala multidisciplinar: un local totalmente equipado para disfrutar de espectáculos musicais, teatrais, cinematográficos… Alguén da máis?

Unha das actividades que mellor acollida tivo (inda que non é a única porque practicamente todo o que organizan triunfa) foi o II Miudo Fest: un festival musical “para persoas de mediana estatura”. O noso traballo aquí foi o de deseñar o cartel seguindo a liña do do ano pasado. Un traballo ben divertido.

Ademais diso, este ano estiveron presentes no Culturgal, a feira das industrias culturais galegas, e alí quixeron ir cunha presentación do que é este tremendo proxecto. Así que deseñámoslles uns trípticos que recolleran o máis significativo do espazo.

Nós non podemos máis que deseñarlles moitos anos de éxitos. Longa vida ás Pedriñas!

 

Se continúa navegando no noso sitio acepta a política de cookies máis información

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close