a&b comunicación

Catálogo “A pesca Fluvial”.

Xa non é a primeira vez que nos enfrontamos a un traballo de maquetación, xa que levamos 3 anos deseñando o programa da Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia. Pero esta vez tratábase dun catálogo diferente.

Atopámonos co desafío de maquetar un catálogo que serve de apoio á exposición que neste momento se atopa no Museo Etnolóxico de Ribadavia baixo o título “A pesca fluvial a través da colección do Museo Etnolóxico“. Un encargo que acollimos con moito mimo debido ao laborioso traballo que se atopa detrás: apuntamentos históricos, fichas, fotografías das pezas, restauración…

Foi un traballo co que gozamos moito, no que nos atopamos moi cómodas e que nos axudou a aprender un anaquiño máis sobre as artes pesqueiras da nosa zona.

Ademais ficamos encantadas co resultado final e aquí encantaríanos destacar a impecable labor de impresión de Rodi Artes Gráficas e as marabillosas fotografías que tomou Santi Míguez Amil das pezas. O catálogo é o resultado final do esforzo de moita xente, comezando polas traballadoras e traballadores do Museo e rematando na impresión.

Gracias ao Museo Etnolóxico de Ribadavia por confiar en nós para este traballo. E aconsellámosvos que visitedes a exposición xa que paga moito a pena e se vos queredes facer cun exemplar do catálogo atoparédelos alí á venda.

Cliente:
Museo Etnolóxico de Ribadavia
Servizos:
Maquetación de catalogo

© A&B Comunicación. Todos os dereitos reservados