Coaching Mas Dos. Deseño web
Coaching Mas Dos. Deseño web
Coaching Mas Dos. Deseño web
Coaching Mas Dos. Deseño web
Coaching Mas Dos. Deseño web
Coaching Mas Dos. Deseño web
Coaching Mas Dos. Deseño web
Coaching Mas Dos. Deseño web
Coaching Mas Dos. Deseño web
Coaching Mas Dos. Deseño web
Coaching Mas Dos. Deseño web
Coaching Mas Dos. Deseño web

Coaching Mas Dos. Deseño web

Coaching Mas Dos é unha empresa especializada en coaching farmacéutico fundada por dúas mozas: Rosa e Lucila. Gracias a elas puidémonos adentrar no interesante mundo do coaching, training e mentoring, bastante descoñecido para nós ata o de agora.

E a nosa relación comezou no momento no que nos encargaron o deseño da súa páxina web. Nestos casos, A&B compartimos traballo con Jose e Susana de Autoxiro, magnífic@s profesionais no mundo da informática e do marketing. Despois dunhas cantas reunións nas que decidimos o mellor nome para o dominio, o estilo da páxina, a súa estructura e o seu deseño comezamos a traballar conxuntamente ata conseguir o resultado final.

Ademais disto tamén nos estamos encargando da xestión da súa páxina de Facebook e dalgún deseño para as súas presentación e poñencias. Este é só o comezo dunha fermosa amizade! 😉

Queredes saber máis de coaching? Pois recomendámosvos que vos fagades seguidoras da súa páxina en Facebook e alí poderedes seguir todos os seus pasos.

Gracias Rosa e Lucila por depositar a vosa confianza en nós! E gracias Susana e Jose, sempre é un pracer traballar ao voso carón.

Se continúa navegando no noso sitio acepta a política de cookies máis información

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close