Crianza Trevinca, si!

A&B e David Louguedo transformáronse unha maña de inverno en Heidi, Clara e o seu compañeiriño de aventuras Pedro. Deixaron para outros episodios as montañas suizas e elexiron as montañas do concello de A Veiga para as súas andanzas. Facía moito frío e madrugaron moito para facer este vídeo promocional do concello, un encargo que iría directamente á feira de Xantar de Ourense.

David Louguedo (Pedro) traballa para Aeromedia, unha das empresas máis punteiras no ámbito das imaxes aéreas. El encargouse das tomas con drone que como podedes ver son impresionantes. A&B (Heidi e Clara) achegáronse dende preto á natureza e gandeiría do concello, tomando todos os planos dende a terra e creando esta montaxe final. Un vídeo promocional que se pode resumir así: alta montaña, aire limpo, doces xentes e vacas, moitísimas vacas!

Para completar o traballo quixemos mostrarvos un making of do mesmo, un vídeo resumo dos mellores momentos da xornada de gravación.

Temos que agradecer a Suso Sueiro ter contado con nós e esperamos que esta sexa a primeira de moitas colaboración.

Niebla, mais coñecido por todos nós como Ledo, quedou encantado co resultado do vídeo, e moi agradecido coma A&B de que Suso Sueiro contase con elas para este traballo. Ledo ese día prefiriu quedar na casa ao quente pero encantoulle a visión que mostran no vídeo do concello. E vos que nos dicides? Gústavos?

 

 

 

Se continúa navegando no noso sitio acepta a política de cookies máis información

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close