Cros de Ribadavia
Cros de Ribadavia

Cros de Ribadavia

Unha vez máis Sublime Deporte y Cultura confiou en nós para o deseño da cartelería doutra carrerira importante da Galiza. Neste caso trátase da IV edición da Cros de Ribadavia, na que vai ter lugar o LXXXII Campionato galego de campo a través masculino e a L edición do feminino.

O concepto era sinxelo: saírse do típico cartel de carreiras, das pegadas, das zapatillas de deporte… Co cal optamos por un deseño máis vintage. E así, investigando con Lalo de Sublime, conseguimos chegar á fotografía que protagoniza o cartel: trátase de Aurora Salgado, a primeira campiona da Galiza de campo a través feminino cruzando a liña de meta. Unha foto que dende o punto de vista etnográfico ten un valor incalculable e que neste mes de febreiro cumpre 49 anos. Consideramos que tanto a fotografía como o cartel están cheos de significado e contido e celebramos a idea de que esté protagonizado por unha muller.

Agora esperamos que a proba sexa todo un éxito de participación xa que a nós alégranos ver como Ribadavia é anfitrioa de cantidade de eventos: deportivos, culturais, festivos…

E gracias a Lalo pola confianza posta no noso traballo.

 

Se continúa navegando no noso sitio acepta a política de cookies máis información

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close