a&b comunicación

Pegatinas Feira do Viño do Ribeiro.

Se vos topastes con A&B nos últimos anos na Feira do Viño do Ribeiro seguro que xa coñecedes o traballo que vos presentamos a continuación, pero para quen non nos viu aí vai:

Cada ano tentamos facer unha pequena campaña na Feira, aproveitando a cantidade de adegueiros e adegueiras e persoas relacionadas co mundo do viño que se congregan en Ribadavia. Empregamos durante varios anos consecutivos o  formato das pegatinas. É un formato económico, que dá moita visibilidade e que funciona moi ben.

É unha satisfacción enorme cando che veñen pedir por favor unha pegatina e nos felicitan polo noso traballo. Rexeitamos a publicidade invasiva, por iso nos encanta que queirades levar un anaquiño do traballo de A&B na solapa da chaqueta.

Que prepararemos para o ano que ven? Haberá que esperar a primeros de maio…

© A&B Comunicación. Todos os dereitos reservados