a&b comunicación

Fotografando a Carolina.

Fai uns días tivemos o pracer de acudir a un evento moi especial, o 65 aniversario dunha linda parella. 65 anos, que se di rápido!

Fixemos moitas fotos de toda a feliz familia, pero a pequena da casa, Carolina, decidiu saltarse algúns pratos do banquete para facer de modelo para nós.

Ó final a Carolina foi a estrela do día para os nosos obxectivos, e queriamos compartir con vós algunhas das instantáneas.

A saia da Carolina non viña co lagarto pintado como di a canción, pero non parou de moverse ó son do noso obturador.

Gracias cativa, fixéchesnos pasar unha linda xornada. E os mellores desexos para toda a familia. Gracias por contar con nós neste fermoso día!

Clienta:
Particular
Servizos:
Fotografía

© A&B Comunicación. Todos os dereitos reservados