IV Carreira popular de Ribadavia e II San Silvestre ourensá
IV Carreira popular de Ribadavia e II San Silvestre ourensá

IV Carreira popular de Ribadavia e II San Silvestre ourensá

Chega o Nadal e con el o deporte popular. Os cartaces para a IV Carreira Popular de Ribadavia e para a San Silvestre da cidade de Ourense son os nosos últimos traballos de 2017 para a empresa organizadora dos eventos: Sublime: deporte y cultura.

Para o cartaz da IV Carreira Popular de Ribadavia buscabamos un deseño no que non hubera dúbida de que se trataba dunha carreira pero que ademais tivera un toque moderno.  A cor rosa fluor dalle esa modernidade e faino ademáis chamativo e divertido, e é que mesmo dan ganas de botarse a correr!

Corredor@s, tedes máis información da IV Carreira Popular de Ribadavia neste enlace.

En canto ao cartaz da II San Silvestre da cidade de Ourense a premisa era darlle protagonismo ao Nadal, pero ao mesmo tempo a carreira tamén debería estar moi presente. Así que: por que non unha árbore de zapatillas? Ao principio pareceunos unha idea algo tola, pero dándolle forma saíu este cartaz sinxelo e moi de Nadal. Xusto o que buscabamos!

As persoas interesadas en participar tedes máis información da San Silvestre da cidade de Ourense neste enlace.

Animádevos!

 

Se continúa navegando no noso sitio acepta a política de cookies máis información

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close