La Molinera: Unha viaxe cara á sociedade do coñecemento

Sociedade do coñecemento” é o nome co que se define a era post-industrial.  O camiño cara a unha sociedade, á que o sociólogo Zygmunt Bauman chama “Modernidade Líquida“.

A “Modernidade Líquida” explica unha identidade flexible e versátil que fai fronte ás mutacións ás que o suxeito se enfronta ao longo da súa vida. Os empregos, as competencias, a aprendizaxe é cambiante e continua, os homes e as mulleres na “Sociedade do coñecemento” están preparados para ser transversais.

Máis aló de ser a única cheminea industrial que se conserva en Ourense, La Molinera ten unha historia que traspasa á da antiga fábrica de fariña, que pechou as súas portas na década dos 70 do pasado século.
En pleno século XXI La Molinera reinvéntase e, reconvertida nunha fábrica de coñecemento, propón formación, innovación, emprendemento, creatividade, ideas para abrir novas oportunidades aos cidadáns ourensáns.
Unha viaxe cara á sociedade do coñecemento“.
La Molinera é un espazo único en Ourense que tedes que visitar xa que comeza a renacer alí a vida e teñen actividades moi interesantes. E mentres non acudides ó espazo deixámosvos con este vídeo que fixemos para que comprobedes a marabillosa localización e as instalacións que vos esperan na cidade de Ourense.

Se continúa navegando no noso sitio acepta a política de cookies máis información

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close