a&b comunicación

sons da canteira.

Sons da canteira é un festival de música, si. Pero non un festival calquera, xa que o espazo onde ten lugar faino completamente diferente a outros eventos musicais:
nunha canteira ao aire libre.
Este ano foi a súa primeira edición e non podían ter arrancado dun xeito mellor, cun cartel brutal e coas medidas necesarias para non poñer en perigo a saúde de ninguén. E foi todo un éxito.
E para que todo saíse tan ben tiña que haber detrás un gran equipo, e é o formado por Manuel Araújo e Adrián Fragueiro de Doppler Gestión Cultural.
Nós fomos as encargadas do deseño da identidade do festival e do cartel deste ano.
Que afortunadas somos de participar en proxectos tan marabillosos e organizados dun xeito tan profesional coma este.
Longa vida ao Sons da Canteira!
Cliente:
Sons da canteira
Servizos:
Deseño

© A&B Comunicación. Todos os dereitos reservados