Momentos Extraordinarios Costeira

Setembro 2017. Viña Costeira presenta no seu viñedo de San Cibrao o proxecto “Momentos Extraordinarios Costeira” e convídanos a facer o vídeo no que se recolla o momento. O espazo teno todo: un entorno inmellorable, unha decoración feita con moito mimo e a actuación musical de Aries. E todo isto maridado cun bo xamón de bellota e o viño de Viña Costeira. Por momentos non sabiamos se estabamos alí para traballar ou só para disfrutar 😉 Sorte que podemos facelo todo a un tempo.

Este proxecto enmarcará unha serie de actividades musicais e de lecer que se celebrarán con motivo do 50 aniversario da adega en 2018. Nada máis e nada menos que 50 anos! Moitísimos parabéns! E que veñan moitos máis!

 

Se continúa navegando no noso sitio acepta a política de cookies máis información

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close