a&b comunicación

naturavia.

Levamos xa un tempo traballando para @s nos@s veciñ@s e amig@s de Naturavia. Carla e Pepe valoran moito que a imaxe de Naturavia esté coidada ao detelle e buscan crear imaxes fermosas que den á súa marca a calidade que lle corresponde.

Iniciamos o traballo facendo fotografía de produto e con mimo e orixinalidade logramos as imaxes que vedes a continuación.

Posteriormente e pensando no Nadal encargáronnos un vídeo promocional dos seus paquetes – regalo. Buscaban algo onde eles estiveran presentes, pero non as súas caras, así que fixémolos partícipes no vídeo a través das súas mans, porque se algo caracteriza a Naturavia é o seu valor artesanal. Eles elaboran o seu produto, embotellan os seus aceites, empaquetan os ricos xabóns… Tiña moito sentido a súa presenza!

Naturavia é máis que unha empresa, é un estilo de vida, unha elección. Carla e Pepe son unha parella que atoparon na natureza e na súa contorna (O Ribeiro) a fonte de inspiración que un día lles fixo soñar con Naturavia. Queredes saber máis? Visitade a súa web!

Clienta:
Naturavia
Servizos:
Fotografía, vídeo

© A&B Comunicación. Todos os dereitos reservados