Noite das Perseidas

Viña Costeira é unha adega daquí, do Ribeiro, fundada no año 1968. Unha adega asentada na memoria de todas nós, xa que leva en funcionamento nada máis e nada menos que 50 anos. Si, no 2018 Viña Costeira está de cumpreanos, pero diso xa falaremos máis adiante 😉

Esta adega, ademais de traballar arreo para sacar adiante uns riquísimos viños, tamén fai fincapé na vida que ofrece a viña, o proceso de elaboración do viño e toda a cultura que existe arredor da enocultura. É por iso que organizan visitas e actividades na adega e na viña, para ofrecer unha experiencia diferentes ás e aos visitantes. Son os denominados Momentos Extraordinarios Costeira.

E nós, tivemos o pracer de vivir moi de cerca un deles: A Noite das Perseidas. Unha fermosa velada na que nos ensinaron o proceso de creación do viño, o interior da adega, houbo unha pequena cata, unha cea cun catering marabilloso e a actividade estrela (e nunca mellor dito): a observación das perseidas dende o viñedo! Si! Un profesional foi o encargado de guiarnos na observación nun viñedo preparado pra ocasión con moitísimo agarimo: unha decoración fermosa a base de velas e iluminación tenue, doces, pufs e tumbonas, mantiñas para as máis “frioleras” e unha estupenda benvida co espumoso Lúa Jazz Brut.
unha actividade que tentamos recoller o  mellor posible neste vídeo-resumo.

A nós encantounos, así que esperamos que esta sexa a primeira de moitas actividades polo estilo.

E sobre todo queremos agradecer ao equipo de comunicación de Viña Costeira que contaran con nós para a realización do vídeo.

O Ribeiro é un tesouro!

 

Se continúa navegando no noso sitio acepta a política de cookies máis información

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close