Ribeiro Blues Winefestival 2015

Os días 7 e 8 de agosto do 2015 tivo lugar a II edición do Ribeiro Blues Winefestival en Castrelo de Miño. Un festival que combina á perfección o viño da DO Ribeiro e a música blues.

O festival consiste nun marabilloso salón do viño ó aire libre, na zona do Clube Náutico de Castrelo de Miño e un esceario ó que suben artistas de diferentes nacionalidades a amenizar o serán e a noite do festival. Se inda non o coñecedes animámosvos a que vos acheguedes o ano que ven, porque a experiencia é altamente recomendable.

E ó igual que o ano pasado, temos que agradecer ó Concello de Castrelo que confiaran en nós para o deseño da imaxe do festival. Este ano apostamos por un deseño colorido, onde o azul tivera un papel destacado, xa que Castrelo é un concello no que a auga ten especial importancia. De aí que o pantalán tamén apareza no cartaz.

E despois o viño e a música, tamén presentes coas siluetas da botella e a guitarra.

Ademais do cartaz encargámonos de cubrir o evento con foto e vídeo. E cunha novidade! Tivemos a axuda da nosa compañeira Rosinha Rojo que se encargou de recoller todo o acontecido o venres, xa que nós tiñamos unha cita ineludible 🙂

Unha colaboradora de luxo! Gracias, Rosinha!

Así que se queredes ver un resumo de todo o que alí aconteceu simplemente premede no play!

Ribeiro Blues Winefestival 2015

Se continúa navegando no noso sitio acepta a política de cookies máis información

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close